Translate

domingo, 6 de marzo de 2016

Pescada verde ó forno.



Para esta receta: imprescincible que che guste o allo.


O QUE PRECISO:
Para 4 persoas.
(Teño que decir que como fixemos poucas patacas comemos todo entre dúas persoas, pero se o acompañamento é abundante chega para catro).


¾ kg. Cola de pescada (merluza ou pescadilla), aberta sen espiñas.

6 cucharadas aceite de oliva (eu boto a ollo o q me parece).

3 ou 4 cucharadas de perexil picado fresco.

3 dentes de allo.

Sal.

Zumo de 1 limón.

3 cucharadas de pan raiado.

2 ou 3 patacas cortadas en rodelas (mui finas, casi como se fose para tortilla, porque se non non se farían e habería que facelas primeiro un pouquiño antes de poner na fonte do peixe; así poñoas directamente).


NOTA: Eu tanto o aceite como o perexil , o allo e o pan raiado boto a ollo o que me parece que precisa.


Utilicei unha pescadilla fresca de 1 kg –cun custo de 9,90 euros- (a cabeza aproveiteina para outra cousa, porque na receita orixinal non se lle pon, ainda que añadila sería boa opción tamén).


COMO O FAGO:

-Sazono a merluza e rocío con un pouco de aceite e o zumo de limón.



-Machaco nun morteiro os allos e o perexil.



-Unha vez ben triturados añado o pan raiado e coa man mezclo ben, formando unha pasta.



-Nunha fonte engrasada coloco a merluza.


-Poñolle á merluza a pasta que fixen (un pouco por debaixo e mais cantidade por enriba).





-Régase co resto de aceite.

(Eu fago esto con tempo e deixoa ahí en repouso un rato hasta que sexa hora de meter no forno).


-Polos bordes poño as patacas (cortadas finas). –Solo poño polos bordes, non por debaixo-.
Neste caso debín usar unha fonte mais grande porque tiña pouco espacio para as patacas e fixen menos patacas das que precisaba a receita.


-Forno a temperatura media (180º) unhos 35-40 minutos.


Imprimir artículo