Translate

Mostrando entradas con la etiqueta Pescados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pescados. Mostrar todas las entradas

jueves, 22 de septiembre de 2016

Lubina ó forno


É posible que estea facendo moitas cousas mal ou que estea estropeando a receita, pero estaba moi boa!

O QUE PRECISO: (2 Persoas)
2 Lubinas
4 Patacas medianas
Media cebola
Medio pemento bermello
1 Tomate maduro
3 dentes de allo
Perexil fresco
Pimenta
Medio limón
Un vaso de viño branco.
Aceite de oliva
Sal
COMO O FAGO:
-Lavo ben as lubinas debaixo do grifo (O pescadeiro xa mas deu limpas e sin escamas).

-Pelo as patacas e córtoas en lonchas delgadas.
-Fago o mesmo coa cebola.
-Corto o pemento en tiras.
-Nunha sartén con aceite fago un pouquiño as patacas e case ó final poño a cebola.
(Ter en conta que teñen que ir ó forno esto só é para  que lles de tempo a facerse).
-Nunha bandexa de forno unto o fondo con aceite de oliva. Poño enriba unha cama de patacas, cebola e os pimentos en tiras.  Coloco o tomate pelado cortado en rodelas ou en anacos. Añado un pouco de sal.

-Enriba coloco as lubinas. Salpimento.

- Añado o allo ben picadiño (...nesta ocasión o allo non estaba mui ben picadiño).

-Colócolles unhas rodelas de limón (ó gusto).
-Por enriba bótolles un vaso de viño branco.
-Póñolles perexil ben picado.

-Meto no forno quente a 150º unhos 50 minutos.
-Servir e listo!

NOTA: Sería tamén boa opción añadir uvas pasas (tipo corinto).


Imprimir artículo

sábado, 30 de abril de 2016

RAIA Á GALEGA con chícharos




O QUE PRECISO: (Para 2 persoas)


2 Racións de raia (xa a venden limpa e troceada)

3 Patacas medianas

1 cebola pequeña

100 grs de guisantes (utilizo conxelados).

Allo (3 dentes)

1 cuchara café de pimentón dulce

1 folla de loureiro

Aceite de oliva

Sal


COMO O FAGO:

Corto a raia en pedazos ó gusto.



Poñolle sal gorda 1 hora antes de cociñala.

Nunha cazola poño auga e poño a cocer as patacas cortadas en pedazos ó gusto e a cebola (pódese poner enteira ou troceada; eu poñoa enteira porque non me gusta atopala despois). Eu tamén engado unha pizca de pimentón dulce e unha folla de laurel.


Deixamos cocer unhos 8 minutos.

Añado os guisantes.


Añadir sal.

Ós 4 ou 5 minutos botar os guisantes añado a raia (previamente laveina en auga fría para quitar o exceso de sal).

(Ainda que falo de minutos, comprobar se as patacas están cocidas).




Deixar que se faga (5-7 minutos).

Mentras tanto fago a allada.

Cando o peixe esté feito escurrir a auga da cazola e botar a allada por enriba.



 Xa está.


ALLADA OU REFRITO:

Nunha sartén poño abundante aceite de oliva cos dentes de allo troceados.


Cando vemos que toman color (sen deixar que se queimen) retirar do lume e deixar un momento para que non se queime o pimento cando o botemos.
Añadir unha cucharada de pimentón e remover.








Imprimir artículo

domingo, 3 de abril de 2016

Spaguetti con salmón afumado e nata


O QUE PRECISO: (2 persoas)


1 Sobre de salmón afumado (100grs) 
Media cebola.
2 dentes de allo.
Un chorro pequeno de brandi.
Nata pra cociñar (un bote pequeno:200grs)
Sal
Pementa
Noz moscada
Aceite de oliva
Sal 
Orégano e (ou) perexil.
Spaguetti (cantidade para dúas persoas).


COMO O FAGO:
Poñer auga para facer a pasta. Cando esté quente añadir sal e os spaguetti. 

Pochar na sartén a cebola mui picadiña e o allo.











Engadir un chorriño pequeno de brandi e deixar que evapore o alcohol (Opcional. Tamén pode ser viño branco).
Engadir o salmón afumado cortado en anaquiños (tamén podemos utilizar salmón fresco). Salpimentar.


O salmón en anaquiños cambia de cor mui rápido, entón engadir a nata.
 Engadir noz moscada ó gusto (raidada). 
Se nos parece moita nata podemos engadir un vaso de caldo de peixe.
Deixar que se faga unhos minutos (que faga "chup chup" pero que non se queime).
Engadir perexil ou orégano (ou ambos).
 Nesta mezcla botar os spaguetti escurridos para que collan os sabores.

 Servir, espolvoreando con un pouco de orégano. 


NOTA: Tamén se pode facer con salmón e gambas ou langostinos. E esta misma versión pero con setas e gambas está moi rica. 
Nesta ocasión utilicei spaguettis super finos e non me gusta o resultado. Preferible utilizar os normais de sempre.
Imprimir artículo

domingo, 6 de marzo de 2016

Pescada verde ó forno.



Para esta receta: imprescincible que che guste o allo.


O QUE PRECISO:
Para 4 persoas.
(Teño que decir que como fixemos poucas patacas comemos todo entre dúas persoas, pero se o acompañamento é abundante chega para catro).


¾ kg. Cola de pescada (merluza ou pescadilla), aberta sen espiñas.

6 cucharadas aceite de oliva (eu boto a ollo o q me parece).

3 ou 4 cucharadas de perexil picado fresco.

3 dentes de allo.

Sal.

Zumo de 1 limón.

3 cucharadas de pan raiado.

2 ou 3 patacas cortadas en rodelas (mui finas, casi como se fose para tortilla, porque se non non se farían e habería que facelas primeiro un pouquiño antes de poner na fonte do peixe; así poñoas directamente).


NOTA: Eu tanto o aceite como o perexil , o allo e o pan raiado boto a ollo o que me parece que precisa.


Utilicei unha pescadilla fresca de 1 kg –cun custo de 9,90 euros- (a cabeza aproveiteina para outra cousa, porque na receita orixinal non se lle pon, ainda que añadila sería boa opción tamén).


COMO O FAGO:

-Sazono a merluza e rocío con un pouco de aceite e o zumo de limón.



-Machaco nun morteiro os allos e o perexil.



-Unha vez ben triturados añado o pan raiado e coa man mezclo ben, formando unha pasta.



-Nunha fonte engrasada coloco a merluza.


-Poñolle á merluza a pasta que fixen (un pouco por debaixo e mais cantidade por enriba).





-Régase co resto de aceite.

(Eu fago esto con tempo e deixoa ahí en repouso un rato hasta que sexa hora de meter no forno).


-Polos bordes poño as patacas (cortadas finas). –Solo poño polos bordes, non por debaixo-.
Neste caso debín usar unha fonte mais grande porque tiña pouco espacio para as patacas e fixen menos patacas das que precisaba a receita.


-Forno a temperatura media (180º) unhos 35-40 minutos.


Imprimir artículo

miércoles, 26 de agosto de 2015

Pastel de peixe e gambas.



Riquísimo para tomar frío con pan tostado e salsa rosa.
Eu sigo a receita de Carlos Arguiñano e sae mui ben. É faino con cabracho, peixe habitual no País Vasco, pero eu utilizo o peixe que teña nese momento, e gústame mezclar varios tipos.
Como é pra consumir frío permíteche preparalo o día anterior.

O QUE PRECISO: (Según a receita de Arguiñano estas cantidades serían para 2 persoas, pero chega para mais.)

-1/4 Kg de peixe (salmón, mero, merluza…). Podemos poñer varios tipos.
(Eu nesta ocasión utilicei unha rodaxa de salmón e un filete de bacalao fresco).
-6 gambóns pelados.
-4 ovos.
-1/2 zanahoria.
-1/2 puerro.
-125 ml de nata líquida.
-125 ml de salsa de tomate.
-Sal.
-Pimenta.
-Noz moscada (opcional).
-Unha pizca de mantequilla (para untar o molde).
-Pan raiado (para o molde).
-Folla de perexil (opcional para decorar).

COMO O FAGO:

-Cocer o peixe e as gambas co puerro a zanahoria e unha pizca de sal. Podes poñer unha folliña pequena de loureiro. (10-15’ dependendo do tipo de peixe).

-Retirar a pel e espiñas do peixe. Desmenuzar e reservar.


-Picar a zanahoria e o puerro.


-Batir os ovos.



-Añadir a nata, a salsa de tomate, o peixe desmenuzado e as gambas cortadas pola metade (ou en tres pedaciños se son gambóns ). Añadir tamén o puerro e a zanahoria en pedaciños pequenos.



-Añadir sal e pimenta moida, unha pizca de noz moscada e mezclar.





(IMPORTANTE: Se che gusta unha textura parecida a un paté pasalle a batidora á mezcla; a min gústame atopar cachiños de peixe. Tamén podes reservar unha parte de peixe e o resto batir).

-Untar un molde con mantequilla e pan raiado.



-Poñer a mezcla no molde.

-Cocer a baño maría no forno previamente prequentado (1 hora a 190º).


-Pinchar con unha agulla de calcetar; se sae limpa xa está feito.


-Deixar enfriar e desmoldar. Cortar porcións. Decorar cunha folla de perexil.
-Servir nun leito de leituga.



ACOMPAÑAMENTO:

A min gústame con SALSA ROSA, pero pódese utilizar maionesa ou outra salsa.
Tostas de pan (as que mais nos gusten).

OUTRAS ACLARACIÓNS:

BAÑO MARÍA: Consiste en introducir o molde do pastel en outro molde con auga.

SALSA ROSA FÁCIL:

Mezclar maionesa, kétchup, chorro de brandi e chorro de zumo de laranxa (opcional). Ir probando.





Imprimir artículo