Translate

Mostrando entradas con la etiqueta carnes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta carnes. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de agosto de 2017

ALBÓNDIGAS


O QUE PRECISO: (chega para 4 persoas)



PARA AS ALBÓNDIGAS:
½ Cebola
1 Dente de allo
Carne picada (mezcla porco e tenreira): 500 grs
1 Ovo
Pan raiado
Fariña
Sal e pementa

PARA A SALSA:
1 Cebola
1 Dente de Allo
Puerro
1 Zanahoria
Viño branco
Aceite oliva
Caldo de polo (2 vasos)

1 lata de tomate troceado (ou 2 tomates naturais)

COMO O FAGO:
Comezo coas albóndigas:

-Pico mui ben a cebola e o allo (podo utilizar un picador eléctrico) e añado á carne picada.



-Añado tamén sal, pimenta, 1 ovo batido e 2 ou 3 cucharadas de pan raiado.

-Mezclo ben.
-Unto unha fonte con aceite.
-Fago as bolas e deixo na fonte mentras fago a salsa.

A salsa:
-Picar cebola, allo, puerro e zanahoria.


-Poñer nunha tarteira un chorro de aceite de oliva.
-Rehogar a cebola e o allo, o puerro e a zanahoria.


-Añadir un chorro de viño branco.

-Deixar facer 5-10 minutos.
-Añadir tomate troceado (pode ser natural, de lata, etc).
-Deixar que se faga, sen que se pegue, unhos 30 minutos, añadindo caldo de polo.
(Se non se queren atopar os cachiños pódese triturar a mezcla).

-Mentras se fai paso as albóndigas por fariña e frítoas en un pouco aceite de oliva.


-Unha vez fritidas pásoas a un prato con papel absorvente.

-Añado á salsa de tomato e deixo que se mezclen unhos 10-15 minutos, con cuidado ó remover para que non se rompan.
(Tamén se pode añadir perexil picado, opcional.)


-Apago o lume e deixo repousar unhos minutos.

ACOMPAÑAMENTO: Podemos acompañar con patacas fritidas, patacas cocidas, arroz basmati, etc.


Imprimir artículo

jueves, 2 de julio de 2015

Polo tandoori


Chámaselle TANDOORI MASALA a unha mezcla de especias diversa (Masala); pode ser: comino, alholva, allo, coriandro, etc.
Empégase moito na India e Pakistán.
Algunhos pratos indios cociñanse con iogur e carne (xeralmente polo) quentados nun forno rotatorio (Tandoor).
Chámase así tanto ós pratos indios que conteñen esta mezcla de especias coma ós pratos feitos ó estilo tandoor (forno de barro).

¡Para mín foi un gran descubrimento! ¡Encántame o ulido e encántame o sabor!

COMO PREPARO O TANDOORI:

A mezcla consiste nun 70% de iogur natural, un 30% de tandoori e un chorriño de aceite.
Para 8 alitas utilicei:
1 iogur
1 cucharada e media sopeira de tandoori
1 chorro de aceite de oliva

Mézclase ben todo e impregnanse ben as alitas na mezcla.



 Deixase repousar un mínimo de 4 horas; ainda que canto mais tempo  se deixe mais sabor collerán.

COMO COCIÑO AS ALIÑAS:

Na barbacoa ou no forno.




Se as fago no forno:
Póñoas na parrilla do forno (non na bandexa).
(Colocar debaixo papel albal por si gotean algo)
35 ou 40 minutos a 190 graos.

ACOMPAÑAMENTO:
Ensalada de leituga, tomate e ceboleta.

NOTA: Igual é mais fácil atopar a mezcla xa feita en tendas especializadas ou grandes superficies; pero eu prefiero comprar a especia e facer a mezcla.
Ademáis de co polo, queda ben con cordeiro ou con gambas ou langostinos.


Imprimir artículo

lunes, 4 de mayo de 2015

"Curry" de balti.

    CURRI é o nome xeralmente adoptado en occidente para describir pratos elaborados cunha mezcla de especias mais ou menos picantes, utilizadas na India (masala) para guisos ou estofados con salsa; tamén se refiere ós pratos preparados con esa salsa.

    Estos pratos foron difundidos en Europa principalmente polo Reino Unido, xa que eles tiveron colonias na India no século XVIII; motivo polo cal eles consumen moito este tipo de producto.

    Ainda que a primeira vez ós sabores eran novos para min, hoxe podo decir que este é un dos meus pratos favoritos.

    Decir tamén que ¡ESTO É UN CURRI!, e non os pratos condimentados con esos polvos que atopamos no super ós que lle chaman curri. ¡Nada que ver!

(Receta de Tony V. Hermida)

O QUE PRECISO:

-Pasta de especie de Balti. Eu utilizo da marca Patak. (Tamén se pode cambiar por Patak Vindaloo).
(Poden atoparse en grandes superficies ou tendas especializadas).
-1 peituga de polo.
-1 cebola pequeña (ou media grande).
-3 dentes de allo.
-Xenxibre fresco.
-Champiñóns  (6 ou 7). (Ingrediente opcional).
-Medio pemento verde.
-Medio pemento bermello.
-Auga.

COMO O FAGO:
-Trocear os vexetais (todo bastante fino, excepto os pimentos que irán en pedazos mais grandes, e os champiñóns en láminas).
-Trocear a peituga en tacos.
-Nunha sartén ou wok poner un chorro de aceite de oliva. Añadir o allo picado mui fino e o xenxibre (tamén se pica mui fino, sen a pel). Rehogar mui pouco tempo.
-Añadir a  cebola picada e os pimentos.
-Añadir os champiñóns.
-Deixamos facer un pouco. (2 minutos mais ou menos).
-Añadir a pasta de curri (3 cucharadas soperas ben cheas).
(Se se quere pódese mezclar balti e vindaloo, sen problema).


-Remover.
-Añadir a peituga en tacos. Remover hasta que esté selada.

-Añadir medio vaso de auga. Remover.
-Añadir medio bote de tomate troceado.
-Deixar a lume baixo unhos 12 minutos (tempo que lle leva facerse ó arroz basmati).
-Mentras tanto prepararemos os acompañamentos.
Pódese preparar a cantidade que se queira. Unha vez preparado pódese conxelar. Con estos ingredientes chega para unas 3 ou 4 persoas.
É un pouco picante, polo tanto o acompañamento é moi importante.

ACOMPAÑAMENTO:

-ARROZ BASMATI.
-RAÍTA.
-MANGO CHUTNEY.
-POPPADUMS.








1-ARROZ BASMATI:

-Poñer a ferver auga. Cando esté quente añadir sal e botar o arroz. (Auga abundante e un vaso de arroz para dúas persoas).

Tempo de cocción: 12 minutos.
Escurrir e servir.

2-POPPADUMS:
Son unhas tortiñas mui típicas da cociña indú.
É posible que non atopedes os poppadums fácilmente.
A veces téñenos en grandes superficies ou tendas especializadas.

-Poñer a rexilla do forno na parte alta, para gratinar.
-Cando o forno esté listo meter o poppadum. Casi ó momento xa se ve que se infla. Entón darlle a volta.
-Volve inflar.
Entón xa está. Leva mais ou menos 1 minuto.


3-RAÍTA:
Salsa de acompañamento da cociña india. Resulta mui refrescante con este prato.

O QUE PRECISO:

-Medio pepino (ou 1 si é pequeno),
-1 iogur natural,
-1 pizca de sal,
-1 pizca de pimentón.

COMO O FAGO:

-Pelar o pepino.

-Raiar o pepino cun raiador.



-Poñer en papel absorbente e retirar toda a humidade posible.
                                                     
-Poñer nunha cunca, añadir un iogur natural e revolver.

-Añadir unha pizca de sal. Remover.

-Espolvorear con unha pizca de pimentón.


4-MANGO CHUTNEY:
Acompañamento típico da comida india. É como unha mermelada de mango especiada.




Imprimir artículo