Translate

Mostrando entradas con la etiqueta queso. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta queso. Mostrar todas las entradas

martes, 28 de julio de 2015

Tarta de galletas e queixo philadelphia.


Esta receita estaba no blog “Miel y limón”, é mui fácil, faise mui rápido e sae ben.

Leva bastante nata e queixo, polo que ten bastante materia grasa, así que igual non é saudable para todo o mundo, pero sempre se poden usar descremados. Ademais, un día é un día, e unha persoa non vai comer a tarta enteira…

O QUE PRECISO:

-Unhas 40 galletas tipo maría (rectangulares se o molde é rectangular e redondas se o molde é redondo).
-200 grs de queixo tipo Philadelphia.
-600 grs de nata para montar.
-150 grs de azúcar (ó levar caramelo eu recomendó non botarlle moito azúcar; gústame menos se sae mui dulzona).
-150 grs de leite.
-1 Cucharada de azúcar avainillado.
-1 sobre e medio de cuaxada ( eu puxen 2).
-Caramelo líquido para o molde.

COMO O FAGO:

-Repartir o caramelo polo molde. (Podo facer eu o caramelo ou utilizar do outro). Utilicei un molde tipo plumcake (rectangular).


-Nunha cazola poner tódolos ingredientes,  menos as galletas.

-Deixar a lume medio unhos 8 minutos, removendo coas varillas constantemente. Vemos que está feito cando a mezcla queda un pouquiño espesa, densa.


Se quedan grumos podemos pasarlle a batidora.

-Deixar templar unhos minutos (para que ó montar a tarta as galletas queden ben repartidas e non se acumulen todas na parte de arriba).

-Botar un pouco desta mezcla no molde, cubrindo toda a superficie (como un centímetro de mezcla).

-Poñer unha capa de galletas, outra capa de mezcla, outra de galletas, así hasta encher o molde. Ó final rematamos con galletas.
-Gardar no frigorífico (cuberta con film transparente por exemplo) hasta o día seguinte.
-Desmoldar.


Imprimir artículo

miércoles, 25 de febrero de 2015

Tarta de Queixo (Sen forno).

Esta tarta de queixo non precisa forno e é moi sinxela.

O que preciso:
-Galletas tipo maría.

-Manteiga.
-200 ml. de nata (=1 brick pequeno).
-200 ml. de leite.
-1 tarrina de queixo tipo philadelphia.
-6 ou 8 cucharadas sopeiras de azúcre. 
-2 sobres de cuajada.
-Marmelada de fresa (ou do que queiramos).
-Auga. 
-3 ou 4 follas de xelatina alimentaria.

Como o fago:
1-Primeiro fago a base, mezclando galletas (das de sempre, tipo maría fontaneda) con manteiga a punto pomada, é dicir, blandiña, maleable.
(Eu pico as galletas co accesorio picador da batidora).
Logo con esa mezcla fago a base e métoa no frigorífico media hora (ou un ratiño no conxelador) para que quede mais compacta.
2-Mezclo 200 ml de nata (=1 brick pequeno), o mismo de leite (aínda que podes poñer mais leite e non pasa nada), 1 tarrina de queixo tipo philadelphia, 6 ou 8 cucharadas de azucre.
3- Poño ó lume sen que chegue a ferver. Nese momento agrego dous sobres de cuajada (que terás disolto nun pouco leite).
Aparto do lume e revolvo ben coas varillas. Volver a mezcla ó lume 1 minuto. Xa está. Retirar.
E logo boto esto encima da base que fixera antes.
4-Por último, para a capa de arriba de fresa, poño en un cazo un pouquiño de auga con marmelada de fresa (o que consideres que vas precisar).
Por outro lado poño en auga fría 3 ou 4 follas de xelatina para que ablanden.
Finalmente, cando a mezcla de auga e fresa esté quente agrego as follas de xelatina e revolvo ben comprobando que se disolve.
Boto esto enriba da tarta de queixo (espero a q a mezcla da tarta esté sólida) e deixo enfriar.

Utilizar un molde desmontable, para que a presentación sexa boa.

Imprimir artículo

Tarta de queixo. (Ó forno)

Creo que esta é a receta mais sinxela que coñezo. ¡Vamos, que a pode facer calquera!! Hasta a min me sae. A min gústame mais este tipo de tarta de queixo que as que non precisan forno, pero eso é pra gustos.
Probade a facela e a ver que vos parece.

O que preciso:
-1 tarrina de queixo tipo philadelphia.
-3 ovos.
-3 iogures naturales.
-1 medida de iogur de fariña.
-1 medida de iogur de azúcar. (A cantidade de azúcar pódese variar en función de se che gusta mui dulce ou pouco dulce).

-Pasas de corinto (opcional).

Aclaración:
Podemos utilizar en vez de 3 iogures, 1 iogur e 1 brik pequeno de nata.
Tamén se pode facer con outros tipos de queixo (quesitos ou incluso queixo fresco).


Como o fago:
Mezclar tódolos ingredientes e batir coa batidora.
Untar molde con mantequilla e espolvorear con fariña (como se fai con calquera outra cousa para que non se pegue) e botar a mezcla anterior.

Se queremos podemos añadir unhas pasas de corinto (neste caso deberiamolas ter antes un ratiño nalgún líquido tipo viño oporto, ou o que nos guste).

Podes facela nun molde grande, de unhos 24 cms (se é desmontable millor); ou en varios individuales.
Meter no forno prequentado a 180º unos 35-40 minutos.

(Se pinchas coa agulla de calcetar -método de miña nai- e sae limpa é que xa está).
Se se vos agrieta pola parte de arriba, (o que me suele pasar a min!) seguramente é que a temperatura do forno está mui alta.



Imprimir artículo