Translate

Mostrando entradas con la etiqueta arroces. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta arroces. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de mayo de 2015

"Curry" de balti.

    CURRI é o nome xeralmente adoptado en occidente para describir pratos elaborados cunha mezcla de especias mais ou menos picantes, utilizadas na India (masala) para guisos ou estofados con salsa; tamén se refiere ós pratos preparados con esa salsa.

    Estos pratos foron difundidos en Europa principalmente polo Reino Unido, xa que eles tiveron colonias na India no século XVIII; motivo polo cal eles consumen moito este tipo de producto.

    Ainda que a primeira vez ós sabores eran novos para min, hoxe podo decir que este é un dos meus pratos favoritos.

    Decir tamén que ¡ESTO É UN CURRI!, e non os pratos condimentados con esos polvos que atopamos no super ós que lle chaman curri. ¡Nada que ver!

(Receta de Tony V. Hermida)

O QUE PRECISO:

-Pasta de especie de Balti. Eu utilizo da marca Patak. (Tamén se pode cambiar por Patak Vindaloo).
(Poden atoparse en grandes superficies ou tendas especializadas).
-1 peituga de polo.
-1 cebola pequeña (ou media grande).
-3 dentes de allo.
-Xenxibre fresco.
-Champiñóns  (6 ou 7). (Ingrediente opcional).
-Medio pemento verde.
-Medio pemento bermello.
-Auga.

COMO O FAGO:
-Trocear os vexetais (todo bastante fino, excepto os pimentos que irán en pedazos mais grandes, e os champiñóns en láminas).
-Trocear a peituga en tacos.
-Nunha sartén ou wok poner un chorro de aceite de oliva. Añadir o allo picado mui fino e o xenxibre (tamén se pica mui fino, sen a pel). Rehogar mui pouco tempo.
-Añadir a  cebola picada e os pimentos.
-Añadir os champiñóns.
-Deixamos facer un pouco. (2 minutos mais ou menos).
-Añadir a pasta de curri (3 cucharadas soperas ben cheas).
(Se se quere pódese mezclar balti e vindaloo, sen problema).


-Remover.
-Añadir a peituga en tacos. Remover hasta que esté selada.

-Añadir medio vaso de auga. Remover.
-Añadir medio bote de tomate troceado.
-Deixar a lume baixo unhos 12 minutos (tempo que lle leva facerse ó arroz basmati).
-Mentras tanto prepararemos os acompañamentos.
Pódese preparar a cantidade que se queira. Unha vez preparado pódese conxelar. Con estos ingredientes chega para unas 3 ou 4 persoas.
É un pouco picante, polo tanto o acompañamento é moi importante.

ACOMPAÑAMENTO:

-ARROZ BASMATI.
-RAÍTA.
-MANGO CHUTNEY.
-POPPADUMS.








1-ARROZ BASMATI:

-Poñer a ferver auga. Cando esté quente añadir sal e botar o arroz. (Auga abundante e un vaso de arroz para dúas persoas).

Tempo de cocción: 12 minutos.
Escurrir e servir.

2-POPPADUMS:
Son unhas tortiñas mui típicas da cociña indú.
É posible que non atopedes os poppadums fácilmente.
A veces téñenos en grandes superficies ou tendas especializadas.

-Poñer a rexilla do forno na parte alta, para gratinar.
-Cando o forno esté listo meter o poppadum. Casi ó momento xa se ve que se infla. Entón darlle a volta.
-Volve inflar.
Entón xa está. Leva mais ou menos 1 minuto.


3-RAÍTA:
Salsa de acompañamento da cociña india. Resulta mui refrescante con este prato.

O QUE PRECISO:

-Medio pepino (ou 1 si é pequeno),
-1 iogur natural,
-1 pizca de sal,
-1 pizca de pimentón.

COMO O FAGO:

-Pelar o pepino.

-Raiar o pepino cun raiador.



-Poñer en papel absorbente e retirar toda a humidade posible.
                                                     
-Poñer nunha cunca, añadir un iogur natural e revolver.

-Añadir unha pizca de sal. Remover.

-Espolvorear con unha pizca de pimentón.


4-MANGO CHUTNEY:
Acompañamento típico da comida india. É como unha mermelada de mango especiada.




Imprimir artículo

lunes, 2 de marzo de 2015

Polo con gravy.(Asado inglés de domingo)

(Receta de Tony V.Hermida; ainda que a orixinal é a de Jamie Oliver).
Este é un asado de domingo típicamente inglés. 
Se o probas unha vez, repetirás.
Mínimo para dúas persoas, ainda que dependendo do tamaño do polo pode chegar para catro.

GRAVY: É unha salsa resultante dos jugos e das verduritas do asado.

O que preciso:
-1 polo enteiro.
-1 cebola.
-6 dentes de allo enteiros.
-1 zanahoria grande (unhas rodaxas para o asado; o resto para o acompañamento).
-1 Puerro (3 ou 4 rodaxas para o asado; o resto para o acompañamento).
-5 patacas medianas.
-Chícharos (guisantes). (Para o acompañamento).
-champiñóns ( 3 para o asado; 4 por persoa para o acompañamento. Utilizarei os sombreiros únicamente).
-1 limón (opcional).
-Sal.
-Pimenta.
-Aceite de oliva.
-Caldo de polo (para o gravy).
-1 cucharada sopeira de fariña (para o gravy).
-Viño branco (para o gravy).


Utensilios:
Imprescindible un esmagador de pataca e un colador.

Como o fago:
Esta receita ten 3 pasos:
-Asar o polo.
-Preparar o acompañamento (Verduras ó gusto. Utilízase moito coles de bruselas, coliflor, zanahoria, brécol...).
-Preparar o gravy.

1-ASAR O POLO:
-Salpimentar ben o polo, poñerlle un chorriño de aceite enriba, e coa axuda das máns chegar a tódolos rincóns.
(Podemos poñerlle un limón na cavidade valeira do polo; pero esto é opcional. No caso de facelo: Pinchar o limón varias veces; poñer no microondas 30 segundos; meter no polo.)
-Na fonte do forno, facemos unha cama de verduras. Poñemos: chorriño pequeno de aceite de oliva, cebola, zanahoria, puerro, os dentes de allo sen pelar e 3 rodaxas de puerro e 2 ou tres champiñóns en trozos.

-Poñer o polo enriba da cama vexetal.
-Poñer un chorriño de aceite enriba e botar mais sal e pimenta. Poñer tamén un chorriño pequeno de aceite nos laterais da fonte.

-Añadir as patacas (que non se toquen entre si). Salpimentar.
-Meter no forno quente. 190º , 1 hora e media.
(Jamie Oliver di 1 hora e media para o polo e 1 hora para as patacas, pero se as patacas se meten completamente crudas, precisan 1 hora e media igual que o polo).
- Añadir os champiñóns (4 por persoa): media hora antes de sacar o asado do forno.
-Pasada a hora e media, sacamos o polo do forno e pasámolo para unha fonte (Primeiro pinchámolo e asegurámonos de que solte ben tódolos jugos).
Cubrimos o polo con un pano de cociña e deixámolo repousar. (Tamén se pode cubrir con papel de aluminio e un pano de cociña).

Pasamos a facer o GRAVY.
Nese momento tamén podemos poñer a cocer as verduriñas do acompañamento.

2-ACOMPAÑAMENTO:
Puerro, zanahoria e chícharos. (Cocidos en auga e sal).
3-Facer o GRAVY:
O gravy faise cos jugos e as verduriñas do asado. O segredo dun bo gravy é aproveitar tódolos jugos do polo.
Utilicei:
-As verduras que puxemos antes de leito no asado.
-Os jugos que soltou o polo.
-Un chorro de viño branco.
-1 cucharada de fariña.
-1/2 lt de auga e 1 pastilla de caldo de polo (ou 1/2 lt de caldo de polo caseiro).
Como o fago:
-Disolver a pastilla de caldo en 1/2 litro de auga quente (un vaso cheo).
(Se temos caldo de polo xa non precisamos a pastilla)
- Quitamos o 90% do aceite da bandexa do forno con axuda de unha culler.
(Se ten pouco aceite quitaremos menos).
-Esmagar as verduras da fonte do asado (o mais fácil é usar un esmagador de patacas).
-Botar mais jugos do polo, se este soltou mais.
-Poñer directamente no lume a fonte do forno (lume baixo).
-Añadir 1 cucharada sopeira de fariña e remover (que se faga un pouco).
-Añadir un chorro de viño branco e seguir removendo. Deixar que evapore o alcohol.

-Añadir o caldo de polo (1/2 lt). Seguir removendo.
-Deixar unhos minutos hasta ebullición (hasta que espesa un pouco).


-Unha vez feito esto, pasamos por un colador e xa obtemos o noso GRAVY.


(Botarémolo nunha salseira, para que logo na mesa cada un sirva a cantidade que queira).

Xa temos todo listo. Trinchar o polo e servir: Polo con patacas, champiñóns e verduras.
Despois, na mesa, cada un botará por enriba a cantidade de gravy que queira.








Imprimir artículo

martes, 24 de febrero de 2015

Arroz negro con langostinos e chipiróns.

Esta receta admite cambios. Esta é a miña versión; era a primeira vez que o faciamos es saiu verdadeiramente rico!!

O que preciso: (para dúas persoas).
-10 langostinos (eu utiliceinos con casca).
-250 grs. de chipiróns (utilicei unhos conxelados de unha coñecida marca, que xa veñen limpos e troceados).
-1 cebola pequena.
-1/2 pimento roxo.
-Allo (ó gusto).
-1 tomate maduro.
-Caldo de peixe ou marisco (eu utilicei as cabezas dos langostinos para o caldo).
-Arroz bomba.
-1 folla de laurel.
-2 sobres de tinta de calamar ou sepia.
-Viño branco.
-Aceite de oliva.
-Sal.

Como o fago:

-Corto as cabezas dos langostinos e quítolles as patas. Reservo as colas de langostino e nunha cacerola poño a cocer as cabezas e as patas en auga. (Podo añadir algún oso de peixe, etc, pero eu utilicei únicamente as cabezas).

-Corto en pedaciños pequenos a cebola, o allo e o pimento roxo.

-Nunha paella ou cacerola baixa tipo tartera vou poñendo os ingredientes ó lume: primeiro un chorro de aceite de oliva; despois a cebola picada. Despois o pimento e unha folla de laurel.
Deixo pochar unhos minutos. Añado o tomate troceado.

-Cando se fai un pouquiño añado un chorro de viño branco e deixo a lume lento mentras sigo coa receita.

-Aparte, nunha sartén poño un chorro pequeno de aceite e o allo. 
-Añado os chipiróns troceados, poñolles algo de sal e fago unhos minutos.

-Añado os chipiróns á cazola donde se están facendo o resto dos ingredientes.

-Poño tamén as colas de langostino.

-Añado o arroz (150 ou 200 gramos) e removo. (Eu realmente boto o arroz a ollo).

-Boto o caldo de peixe ou marisco (quente). Que cubra o arroz un dedo ou dous (ven sendo o dobre de arroz e un pouco mais).

-Añado a tinta de calamar ou sepia.

-Botar sal. (mais tarde probaremos para ver si está ben)

-Deixar facer a lume medio 15 minutos.

-Deixar repousar 5 minutos, tapado con un paño de cociña.

Acompañamento: Eu acompañeino con pan de allo. (Pero é imprescindible que vos guste o allo).




Imprimir artículo