Translate

Mostrando entradas con la etiqueta chipirones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta chipirones. Mostrar todas las entradas

lunes, 20 de agosto de 2018

CHIPIRÓNS Ó CAVA


O QUE PRECISO:
2 Dentes de allo
2 Cebolas pequeñas
½ Pemento bermello
½ Kg de chipiróns
Cava
1 Tomate troceado (podemos utilizar tomate troceado de lata)
Chícharos (un puñado) –Eu utilizo conxelados-
1 Guindilla
½ Pastilla de caldo de verduras ou de peixe (opcional). Ou a opción mais sana de sal e pimenta.
Aceite de oliva
Sal
Perexil
Para acompañar:
Arroz blanco ou patacas.

COMO O FAGO:
Limpo os chipiróns (ainda que veñen bastante limpos da pescadería, debaixo do grifo retírolles o que queda no interior e mais a pel, que xa sae moi fácilmente) .


Troceo o allo e a cebola (co tamaño que queira).






Troceo o pemento (en tacos ou ó gusto).


Poño ó lume unha cazola baixa con aceite de oliva.

Rehogo o allo e a cebola, despois añado o pemento.


Añado  o tomate troceado.


Poño unha guindilla se me gusta un toque picante.

Cando esté un pouco feito añado os chipiróns cortados ó gusto.


Añado ½ pastilla de caldo de verduras ou de peixe e sal.

Añado o cava (un vaso mais ou menos).


Deixo facer lentamente  (unha media hora, pero o millor é  probar).
(Se vemos que a salsa queda moi espesa o corremos risco de que se queime podo añadir un vaso auga quente).



Dez minutos antes de apagar o lume añado un puñado de chícharos conxelados.

Añado un puñado de perexil picado.
Apago o lume e deixo repousar unhos dez minutos.Podo acompañar con arroz blanco ou con patacas.
Se acompaño con patacas unha opción é cocer as patacas e añadir ós chipiróns cando éstos estén casi feitos.



Imprimir artículo

martes, 15 de diciembre de 2015

Guiso de calamar


O QUE PRECISO: Para 3 persoas .

-400 grs de calamares
-4 tomates maduros (tamaño mediano).
-1 taza de guisantes.
-1 taza de aceitunas sin oso.
-3 patacas.
-4 dentes de allo.
-1 folla de laurel.
-Viño branco (1 copa).
-Sal e pimenta.
-Aceite de oliva.

COMO O FAGO:

-Limpo os calamares e pelo os tomates.
-Nunha cazola poño un chorro de aceite de oliva, os tomates troceados e os dentes de allo troceados.
-Cando esté un pouco feito (unhos minutos) añado os calamares e salpimento.
-Deixase facer a lume medio unhos 30 minutos.
-Añado o viño branco e deixo q evapore.
(Pódese añadir azafrán se se desexa, pero non é preciso xa que ó levar tomate xa ten color).
-Añado as patacas, os guisantes e as olivas.
(Eu cocín un pouco noutra cazola as patacas para que lle leve menos tempo).
-Cubrimos con auga (quente).
-Deixar cocer hasta que as patacas estén feitas.


Imprimir artículo

martes, 24 de febrero de 2015

Arroz negro con langostinos e chipiróns.

Esta receta admite cambios. Esta é a miña versión; era a primeira vez que o faciamos es saiu verdadeiramente rico!!

O que preciso: (para dúas persoas).
-10 langostinos (eu utiliceinos con casca).
-250 grs. de chipiróns (utilicei unhos conxelados de unha coñecida marca, que xa veñen limpos e troceados).
-1 cebola pequena.
-1/2 pimento roxo.
-Allo (ó gusto).
-1 tomate maduro.
-Caldo de peixe ou marisco (eu utilicei as cabezas dos langostinos para o caldo).
-Arroz bomba.
-1 folla de laurel.
-2 sobres de tinta de calamar ou sepia.
-Viño branco.
-Aceite de oliva.
-Sal.

Como o fago:

-Corto as cabezas dos langostinos e quítolles as patas. Reservo as colas de langostino e nunha cacerola poño a cocer as cabezas e as patas en auga. (Podo añadir algún oso de peixe, etc, pero eu utilicei únicamente as cabezas).

-Corto en pedaciños pequenos a cebola, o allo e o pimento roxo.

-Nunha paella ou cacerola baixa tipo tartera vou poñendo os ingredientes ó lume: primeiro un chorro de aceite de oliva; despois a cebola picada. Despois o pimento e unha folla de laurel.
Deixo pochar unhos minutos. Añado o tomate troceado.

-Cando se fai un pouquiño añado un chorro de viño branco e deixo a lume lento mentras sigo coa receita.

-Aparte, nunha sartén poño un chorro pequeno de aceite e o allo. 
-Añado os chipiróns troceados, poñolles algo de sal e fago unhos minutos.

-Añado os chipiróns á cazola donde se están facendo o resto dos ingredientes.

-Poño tamén as colas de langostino.

-Añado o arroz (150 ou 200 gramos) e removo. (Eu realmente boto o arroz a ollo).

-Boto o caldo de peixe ou marisco (quente). Que cubra o arroz un dedo ou dous (ven sendo o dobre de arroz e un pouco mais).

-Añado a tinta de calamar ou sepia.

-Botar sal. (mais tarde probaremos para ver si está ben)

-Deixar facer a lume medio 15 minutos.

-Deixar repousar 5 minutos, tapado con un paño de cociña.

Acompañamento: Eu acompañeino con pan de allo. (Pero é imprescindible que vos guste o allo).




Imprimir artículo