Translate

Mostrando entradas con la etiqueta postres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta postres. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de julio de 2016

Tarta fría de fresas


O QUE PRECISO:
-Galletas tipo Fontaneda (para a base).
-Queixo tipo Philadelphia (350grs. Que ven sendo unha tarrina grande)
-500 gramos de nata (de montar)
-200 grs azucre
-6 follas de xelatina.
-500 gramos de fresas (en este caso da horta da casa, con moito mais sabor que as compradas).
-Fresas para decorar (6-8 unidades, dependendo de tamaño).
-1/2 limón (opcional)
 PARA A COBERTURA:
-Fresas.
-3 follas de xelatina.

COMO O FAGO:

A BASE:
Despois de mirar recetas para facer a base (que si base de bizcoito, q si triturar galleta con mantequilla e facer a base... etc), decidín que o mais fácil era facer desta maneira, sen complicacións, e o resultado é bo:

-Coloco nun molde desmontable galletas tipo Fontaneda formando a base.
(Non lles fago nada, colocoas enteiras simplemente).
Neste caso utilicei tamén papel de forno pero é completamente innecesario.
-Quito os rabos das fresas e limpoas debaixo do grifo.

-Trituro as fresas limpas, ás que añado 1 ou 2 cucharadas de azúcre e o zumo de medio limón, coa batidora. (Pódese pasar polo chino, ainda que este paso é opcional).

-Paso a mezcla por un chino ou colador para que esté mais fina, ainda que realmente non é mui necesario.

-Nun bol con auga mui fria poño as 6 follas de xelatina para que se hidraten (unhos 5 minutos).
-Poñemos as fresas trituradas ó lume hasta quentalas (sin que fervan); cando estén quentes añado as follas de xelatina e mezclo para que se disolvan. Reservo.


-Nun bol grande poño o azucre (200gr), a nata e o queixo (frios da nevera). Monto con unha batidora de varillas (como cando montamos a nata).

-A esta mezcla añádolle as fresas coa xelatina e mezclo ben con unha lingua de silicona (movementos envolventes).
-Tamén añado unhas fresas mui picadas,3 ou 4, para atopar despois na tarta algún tropezón (opcional).
-Corto láminas de fresa  e colócoas polo lateral do molde (esto tamén é opcional, pero non da taraballo e así queda mais vistosa a tarta).
-Boto esta mezcla no molde e reservo no frigorífico.

COBERTURA:
Trituro unhas fresas, añado unha cucharada de azucre (opcional) e un pocillo de auga.

Quento e antes de que ferva añado 3 follas de xelatina (previamente hidratadas). Paso por un colador e reservo.

-Saco a tarta do frigo e decoro a superficie con fresas laminadas (ó gusto). 

-Cubro coa cobertura e volo ó frigorífico hasta que calle.




O ideal é facela ó día anterior ó seu consumo.

Imprimir artículo

martes, 28 de julio de 2015

Tarta de galletas e queixo philadelphia.


Esta receita estaba no blog “Miel y limón”, é mui fácil, faise mui rápido e sae ben.

Leva bastante nata e queixo, polo que ten bastante materia grasa, así que igual non é saudable para todo o mundo, pero sempre se poden usar descremados. Ademais, un día é un día, e unha persoa non vai comer a tarta enteira…

O QUE PRECISO:

-Unhas 40 galletas tipo maría (rectangulares se o molde é rectangular e redondas se o molde é redondo).
-200 grs de queixo tipo Philadelphia.
-600 grs de nata para montar.
-150 grs de azúcar (ó levar caramelo eu recomendó non botarlle moito azúcar; gústame menos se sae mui dulzona).
-150 grs de leite.
-1 Cucharada de azúcar avainillado.
-1 sobre e medio de cuaxada ( eu puxen 2).
-Caramelo líquido para o molde.

COMO O FAGO:

-Repartir o caramelo polo molde. (Podo facer eu o caramelo ou utilizar do outro). Utilicei un molde tipo plumcake (rectangular).


-Nunha cazola poner tódolos ingredientes,  menos as galletas.

-Deixar a lume medio unhos 8 minutos, removendo coas varillas constantemente. Vemos que está feito cando a mezcla queda un pouquiño espesa, densa.


Se quedan grumos podemos pasarlle a batidora.

-Deixar templar unhos minutos (para que ó montar a tarta as galletas queden ben repartidas e non se acumulen todas na parte de arriba).

-Botar un pouco desta mezcla no molde, cubrindo toda a superficie (como un centímetro de mezcla).

-Poñer unha capa de galletas, outra capa de mezcla, outra de galletas, así hasta encher o molde. Ó final rematamos con galletas.
-Gardar no frigorífico (cuberta con film transparente por exemplo) hasta o día seguinte.
-Desmoldar.


Imprimir artículo

jueves, 7 de mayo de 2015

Marmelada de laranxa (Receita sinxela).



Chámolle sinxela porque esta receita faise dunha tirada, e non como outras que requiren de horas de repouso.

Ó levar as cascas o resultado é semiamargo, pero moi saboroso.

O QUE PRECISO:
-1 Kg de laranxas
-1 Limón
-Azúcre
-Canela en rama (opcional).

COMO O FAGO:
-Lavar as laranxas, pelar e reservar a casca de 2 laranxas.
(Convén pelar con pelador para que a casca quede fina, sen moita parte branca).
-Pelamos a metade do limón.
-Cortar a pel en tiras finas.

-Nun cazo poñer a ferver auga, añadir as tiras de laranxe e limón e cocer a lume forte 6 minutos. Retirar e escurrir.
-Pesar as laranxas peladas, cortar en pedazos pequenos e retirar as pepitas.
-Poñer nunha cazola as laranxas co azucre, añadir as tiras de laranxa e limón. Eu polo unhos 750 grs de azucre para 1 kg de laranxas xa que metade e metade me parece que sae un resultado demasiado dulzón.

-Tamén se lle pode añadir unha rama de canela, pero esto xa é opcional.
-Cocer a lume lento unhos 45-50 minutos, removendo con frecuencia.
(Desespumar cando sexa necesario).

Xa se nota que está feita na consistencia da mezcla (semilíquida).
-Embotar en quente. Pechar o bote e deixar boca abaixo toda a noite para que faga vacío.
(Conservarase unhos 3 meses).


Se queremos que se conserve mais tempo teremos que facelos a baño maría 20 minutos.

Imprimir artículo

Marmelada de laranxa (Receita longa)


Esta marmelada é moi saborosa. Canta mais casca de laranxa e mais branco da laranxa se lle bote mais vai amargar. Esta ten un toque semiamargo, pero ó levar tanto azucre é unha combinación perfecta.

O QUE PRECISO:
-Laranxas.
(Hai laranxas amargas ou laranxas de Sevilla, indicadas expresamente para facer as marmeladas amargas pero utilicei laranxas normais de mesa).
-1 kg de azucre por kg de masa.
-1/2 limón.
-Auga.

COMO O FAGO:
-Lavar ben as laranxas e o limón.
(E importante que as laranxas sexan ecolóxicas xa que vamos utilizar as cascas, e nas laranxas normais tódolos productos nocivos utilizados vanse acumular ahí, e non queremos comer velenos).
-Pelar as laranxas (utilizando un pelador quedan perfectas, con nada de branco).

-Partir as cascas en tiras o mais finas posibles (con pouco branco). O branco da laranxa da mais amargor.

-Quitamoslle todo o branco posible ás laranxas xa peladas.
-Quitamos as pepitas e reservamos.
-Trocear a pulpa (se temos paciencia podemos ir quitando a pulpa das laranxas pra non botar pel, pero eu non o fago así). 
-Cortar medio limón en rodaxas.
-Xuntar as tiras e a pulpa.

-Pesar.
-Por cada kilo añadir 2 vasos de auga.

-Añadir 1 vaso de auga ás pepitas.
-Deixar hasta o día seguinte.
O día seguinte:
-Colar a auga das pepitas (estará xelatinosa) e añadir ás cascas e pulpa.
(Salteime este paso xa que as laranxas que comprei non traían pepitas).
-Poñer a ferver media hora (hasta que a casca esté tenra).
-Pesar.
-Por cada kilo añadir 1 kg de azucre.

-Remover e deixar unas horas (se fago esto pola mañá podo continuar pola tarde).
-Ferver a lume medio, removendo, durante 40 minutos aproximadamente (hasta que as cascas estén semitransparentes).
Desespumar se é necesario.

-En quente embotar para que se conserve.


NOTA: Hai que dicir que esta era a primeira vez q a facía e optei por esta receita. E ... saiume mal! Pero saiume mal pola miña culpa; tiña tanto líquido que pensei que quedaría mal e deixeina facéndose bastante mais tempo do que pon a receita e o resultado foi algo de consistencia bastante dura  parecido a membrillo, ainda que de sabor moi bo.

Xa se ve cando está feita pola textura, pero unha maneira de comprobalo tamén é poñendo unha cucharada nun pratiño, metelo no frigorífico un momento e xa se ve como vai quedando.


Imprimir artículo

jueves, 26 de febrero de 2015

"Cabello de ángel"

A min non me gustaba o "cabello de ángel"; e dende logo o que poidas facer ti na casa non ten nada que ver co comprado. Sae mui rico e non é nada dificil.
Hai recetas que indican que hai que cocelo varias veces en días consecutivos. Eu seguín unha receta na que se fai nunha única vez e saiu mui bo.

O que precisas:
-Cabaza tipo "cidra". 
-Azúcar.
-Limón.
-Canela en rama.

Como se fai:
Primeira parte:
-Partir a cabaza en pedazos grandes.
(Esta cabaza é mui mui dura, é mui dificil de partir. Unha opción pouco ortodoxa: metela nunha bolsa e tirala ó chan con forza).
-Botar nunha ola grande e cubrir con auga. 
-Cocer a lume lento (50-60 minutos).

-Botar os pedazos nun escurridor ou colador.

(Deixaremos que enfríe un pouco e escurra ben).
-Coller cada pedazo de cabaza e quitar a pel e as pepitas (podedesvos axudar con un coitelo ou outro elemento que consideredes).
-A pulpa que obtemos escurrímola ben apretando coas mans e separamos os filamentos. 

Segunda parte:
-Poñemos a pulpa escurrida nunha cacerola con azúcar (hai recetas que din o mismo peso de azúcar que de pulpa; outras a metade. Eu poño unha cantidade intermedia.).
-Añadimos pel de limón, un chorro de zumo de limón e 1 pao de canela.
(Pódese aromatizar con outras cousas: xenxibre, vainilla...) 

-Cociñar a lume lento, sen deixar de remover. (Sobre 50')
(Xa imos ver si está feita polo color e pola textura).



Conservación:
Para conservalo tes varias opcións.
Podes conxelalo (en envases da medida que consideres axeitada para a súa futura utilización). Esta é a forma que da menos traballo.

Tamén podes envasalo en botes, coma calquera outra conserva. 

Opcións de emprego:

Podemos facer moitos postres con cabelo de anxo: tartas, pasteis,...
Eu fago pasteis de hoxaldre rellenos co cabelo.








Imprimir artículo