Translate

Mostrando entradas con la etiqueta primeros platos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta primeros platos. Mostrar todas las entradas

martes, 15 de diciembre de 2015

Fabada


Fixen esta receita despois de ler un artigo de "El País" que decía algo así como: como facer fabada e ó mesto tempo xogar a Candy Crush.
http://elpais.com/elpais/2015/12/03/icon/1449141741_075378.html?id_externo_rsoc=FB_CM 
E realmente o artigo está acertado. É tan sinxela de facer que pode facela calquera. 

O único que precisa esta receita, se se fai en olla tradicional, é tempo de cocción; podes estar na casa facendo outras cousa mentras se fai a fabada.

O QUE PRECISO: Para 4 persoas.

-Fabas: medio kilo.

Eu utilizo das grandes, con forma de ril. Se son de Lourenzá, millor. En calquera caso compensa comprar fabas boas, xa que son as protagonistas do prato.

-Compango: 1 chourizo, 1 morcilla asturiana, e un pedazo de carne (costela, lacón…). Xa venden paquetiños co compango.

-3 ou 4 dentes de allo coa pel.

-1 ceboliña pequeña (enteira), ou un pedazo se é grande.

-1 guindilla.

-1 cucharada de café de pimentón dulce (eu utilicei pimentón de la Vera agridulce).

-1 folla de laurel.

-1 ramiña de perexil.

(Se non tedes tódolos ingredientes, podedes facela únicamente coas fabas, o compango e o allo).

COMO O FAGO:

-A noite anterior deixo as fabas a remollo: unhas 9 ou 10 horas son suficientes (cubrir con bastante auga, tendo en conta que ban aumentar bastante de tamaño).

-Consello de un asturiano (Alberto García Noriega): O compango é convinte telo varias horas en auga fría, para que desale e desengrase.

-Nunha pota poño os ingredientes (Compango, allos, cebola, laurel, perexil).

-Boto encima as fabas.

-Cubro con auga fría, boto unha cucharada de pementón e poño ó lume.

-IMPORTANTE: Non poño toda a auga ó principio; simplemente cubro as fabas.

-Cando fervan, "asusto" as fabas, esto é cortar o fervor con auga fría (añado un vaso ou dous de auga).


-Añado unha guindilla (opcional).

-Repito esta operación (asustar as fabas) varias veces.

-Respecto ó chourizo e á morcilla temos DÚAS OPCIÓNS: 
Poñelos ó principio, retiraralos e volver añadir ó final ou añadir cando falte pouco para que a fabada esté feita.
(Se os deixo todo o tempo de cocción sairán mui secos e soltarán toda a grasa para a fabada).
Eu púxenos ó principio, deixei facer un pouco e retirei.

Podemos añadir azafrán se queremos, pero co pimentón esta opción non é necesaria.

-Durante este proceso retiraremos a espuma se sae e desgrasaremos si se acumula grasa na superficie.




-Ó final se consigo atopar os dentes de allo, retirolles a pel, machacoos co tenedor e volvo añadilos á pota.

-Probamos e xa vemos si están ou non. Rectificar de sal.

-No último momento retiro o chourizo e a morcilla, troceoos e volvo metelos na fabada.

-Retiro a rama de perexil.

-A carne tamén a retiro. Elimino a parte grasa e o resto volvoo á fabada en anaquiños pequenos.
 NOTA: Si se fan en olla rápida é moito menos tempo.
Tempo de cocción das fabas en olla tradicional: Entre 2 horas e 2 horas e media.


Imprimir artículo

miércoles, 26 de agosto de 2015

Pastel de peixe e gambas.



Riquísimo para tomar frío con pan tostado e salsa rosa.
Eu sigo a receita de Carlos Arguiñano e sae mui ben. É faino con cabracho, peixe habitual no País Vasco, pero eu utilizo o peixe que teña nese momento, e gústame mezclar varios tipos.
Como é pra consumir frío permíteche preparalo o día anterior.

O QUE PRECISO: (Según a receita de Arguiñano estas cantidades serían para 2 persoas, pero chega para mais.)

-1/4 Kg de peixe (salmón, mero, merluza…). Podemos poñer varios tipos.
(Eu nesta ocasión utilicei unha rodaxa de salmón e un filete de bacalao fresco).
-6 gambóns pelados.
-4 ovos.
-1/2 zanahoria.
-1/2 puerro.
-125 ml de nata líquida.
-125 ml de salsa de tomate.
-Sal.
-Pimenta.
-Noz moscada (opcional).
-Unha pizca de mantequilla (para untar o molde).
-Pan raiado (para o molde).
-Folla de perexil (opcional para decorar).

COMO O FAGO:

-Cocer o peixe e as gambas co puerro a zanahoria e unha pizca de sal. Podes poñer unha folliña pequena de loureiro. (10-15’ dependendo do tipo de peixe).

-Retirar a pel e espiñas do peixe. Desmenuzar e reservar.


-Picar a zanahoria e o puerro.


-Batir os ovos.



-Añadir a nata, a salsa de tomate, o peixe desmenuzado e as gambas cortadas pola metade (ou en tres pedaciños se son gambóns ). Añadir tamén o puerro e a zanahoria en pedaciños pequenos.



-Añadir sal e pimenta moida, unha pizca de noz moscada e mezclar.





(IMPORTANTE: Se che gusta unha textura parecida a un paté pasalle a batidora á mezcla; a min gústame atopar cachiños de peixe. Tamén podes reservar unha parte de peixe e o resto batir).

-Untar un molde con mantequilla e pan raiado.



-Poñer a mezcla no molde.

-Cocer a baño maría no forno previamente prequentado (1 hora a 190º).


-Pinchar con unha agulla de calcetar; se sae limpa xa está feito.


-Deixar enfriar e desmoldar. Cortar porcións. Decorar cunha folla de perexil.
-Servir nun leito de leituga.



ACOMPAÑAMENTO:

A min gústame con SALSA ROSA, pero pódese utilizar maionesa ou outra salsa.
Tostas de pan (as que mais nos gusten).

OUTRAS ACLARACIÓNS:

BAÑO MARÍA: Consiste en introducir o molde do pastel en outro molde con auga.

SALSA ROSA FÁCIL:

Mezclar maionesa, kétchup, chorro de brandi e chorro de zumo de laranxa (opcional). Ir probando.





Imprimir artículo

viernes, 17 de julio de 2015

Ensaladilla rusa


Outra receta de ensaladilla. Ainda que é parecida a outra receta do mesmo prato xa publicada, varían algúns ingredientes e a forma de facela.
O das cantidades é orientativo (sempre me sae mais cantidade da que pretendo facer).

O QUE PRECISO: (Para 2 persoas)

-Pataca: 2 ou 3 u. 
 (dependendo do tamaño)
-3 ovos.
-Cebola (cantidade ó gusto).
-1 latiña pequena de atún.
-Pimento morrón: 1.
-Aceitunas: unha latiña pequena.
-Guisantes: un puñado. 
 (Utilizo guisantes conxelados)
-Sal.
-Aceite de oliva.
-Vinagre.
-Maionesa.

COMO O FAGO:

-Poño a cocer as patacas (con unha pizca de sal).
-Poño a cocer os guisantes e os ovos con unha pizca de sal (levaralles mais ou menos o mismo tempo: 10-12 minutos é o tempo do ovo; se utilizamos guisantes conxelados convén mirar o tempo de cocción na bolsa).
-Cando estos ingredientes xa estén cocidos escurro e deixo enfriar.


-Troceo a pataca cocida en tacos pequenos.
-Elimino o aceite e desmenuzo o atún.
-Troceo algunhas aceitunas (pola metade).
-Troceo medio pemento morrón (en pedaciños pequeniños), e a outra metade cortoa en tiras, para decorar.
-Pico a cebola en trociños mui mui pequeniños. (Antes non me gustaba con cebola, e a min particularmente non me gusta atopar trozos, pero dalle un bo sabor).



-Troceo 2 ovos en pedaciños pequenos e reservo un pouquiño de xema raiada para decorar. 
-O outro ovo troceoo en forma de cuña, tamén para decorar.
-Mezclo todo (excepto o que lle vou poñer enriba para decorar).

-Añado sal, un chorro de aceite de oliva e un chorro de vinagre. (Non demasiado para que non quede mui aceitoso; e preferible probar e se é necesario añadir mais).






-Coloco no recipiente definitivo e cubro con maionesa.


-Decoro con aceitunas, tiras de pimento morrón, un pouquiño de xema raiada e ovo.



NOTA:

-Tamén podo poñerlle unha pizca de perexil (en folla ou en pedaciños) ou cebollino en trociños mui pequenos.

-Hai quen coce as patacas coa pel; supoño que desta maneira conservarán mais sabor e desfaranse menos.

-Pódense añadir outros ingredientes que nos gusten: zanahoria, xudias, tomate..., dependendo dos productos dos que dispoñamos.
Imprimir artículo

miércoles, 15 de julio de 2015

Ensaladilla rusa de Maruja.


Este é un prato que en cada fogar sabe distinto. E aínda que tódalas maneiras de facela son similares, inflúen moito os pequenos detalles. 

Esta receita é de Maruja; Ten mais de oitenta anos e da gusto vela, ela fíxome ver que é certo eso de que para que un prato saia ben hai que facelo con cariño e ganas; ela fai a ensaladilla con toda a calma, sen presa e con moito mimo; con poucos ingredientes, pero conseguindo un sabor boísimo. Creo que podo decir que é a ensaladilla mais rica que probei.

O QUE PRECISO: (Para 2 persoas)

-2 patacas medianas.
-1 zanahoria.
-3 ovos.
-Media cebola.
-1 latiña pequena de atún.
-Sal.
-Aceite oliva.
-Maionesa.
-Aceitunas.
-Pimento morrón.

COMO O FAGO:

-Poño a cocer as patacas e a zanahoria.
-Cozo os ovos.
-Cando estén frias, utilizo un raiador (que non sexa fino) e raio tanto as patacas como a zanahoria.
-Raio os  dous ovos.
-Raio a cebola.
-Mezclo todo e añado o atún ó que previamente lle escurrín ben o aceite (non utilizo este aceite).
-Añado sal e unha cucharada de aceite oliva. Removo.
-Añado unha cucharadiña de maionesa. (Se é caseira é mais rica, pero en ese caso tomar as precaucións higiénico sanitarias necesarias para non levar sustos innecesarios). Mezclar.
-Poñer no recipiente definitivo. Cubrir con maionesa ó gusto.
-Raiar o outro ovo (a xema e a metade da clara) e espolvorear por encima pra decorar.
-Poñer unhas olivas (das que nos gusten mais; eu poño as que son recheas de anchoa) e unhas tiras de pimento morrón.

NOTA:
Coido que o segredo do bo sabor resultante de esta receita está en raiar os ingredientes, sobre todo a cebola.
Na receita que facía eu hasta agora utilizo mais ingredientes e non a fago exactamente como esta. Publicarei próximamente.

Pendiente añadir fotos.


Imprimir artículo

sábado, 25 de abril de 2015

Fabas con almexas e gambas (Para torpes).


   Adicado ós torpes que non sabemos cociñar, pero que de vez en cando botamos de menos os pratos de cuchara. 
   Que saibades que non tedes que renunciar, que as cousas son menos difíciles do que parecen; e que se non nos sae de restaurante, sempre vai estar moito mais bo que a comida de bote ou precociñada. Quedaranvos ganas de repetir.

   O ideal xa sería cocer nós as fabas, pero como sempre andamos faltos de tempo e tendemos a simplificalo todo, pois facede coma mín, que non me escoite Arguiñano pero... con unhas fabas de bote vai quedar bo.

O QUE PRECISO:

-1/2 pimento bermello.
-3 dentes de allo.
-1 pedaciño de puerro.
-1 tomate maduro.
-1 cebola.
- Perexil fresco.
-1 "cayena".
-Almexas (unhos 200 grs).
  Pódense utilizar conxeladas.
-Gambas (10u.).
                                           (Pódese facer con gambóns ou langostinos )
                            -Viño branco.
                            -Aceite de oliva.
                            -Pimentón dulce.
                            -2 Botes de fabas 
                               (de 400 grs).
                            -1 Folla de loureiro.

                             
COMO O FAGO:

-Deixo as almexas en auga con bastante sal para que solten areas e suciedade.

-Poño a ferver auga con un trozo de puerro, unha rama de perexil e un dente de allo sen pelar (ó gusto, se añadimos mais verduras, mais sabor).

-Picar o allo, a cebola, o puerro, o pimento e o tomate (en pedaciños pequenos).

-Botar na cazola un chorro de aceite de oliva. Añadir a cebola. Despois o allo.  Rehogar.

-Añadir o pimento en tacos, unha cayena e unha folla de laurel.
-Despois añadir o tomate troceado.
-Añadir unha cucharadiña (do café) de pimentón.
-Añadir sal ó gusto.
-Cando esté un pouco feito añadir as almexas. Añadir un chorro de viño branco. Deixar que se abran.
-Añadir as gambas.

-Añadir perexil picado.

-Añadir as fabas (Eu utilizo fabas de bote, que veñen xa cocidas. Antes de añadilas poñoas nun escurridor e refrescoas con auga).


-Cubrir con auga (da que tiña a ferver na outra cazola). Deixo que se faga unhos 10-15 minutos.
(Se vexo que fai espuma, desespumar).



-Xa está listo para servir. Pódeselle añadir mais perexil mui picado á hora de servir.


Sae cantidade para 4 persoas. Este prato está mais bo ó día seguinte.

Imprimir artículo