Translate

Mostrando entradas con la etiqueta Artículos varios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Artículos varios. Mostrar todas las entradas

jueves, 7 de mayo de 2015

Botes conserva. Preparación.


ESTERILIZAR OS BOTES:
Este é un paso previo ó embotado para conserva (para reducir ó máximo a posible presenza de microbios e bacterias).
-Primeiro elexir os botes adecuados (máis grandes, máis pequeños) según o que vaiamos  envasar.
-Lavar ben os botes e as tapas.
-Ferver botes e tapas nunha cazola, ben cubertos de auga, unhos 20 minutos.
(recomendase poner na base un paño doblado para que non choquen entre eles e rompan, ainda que eu non sempre o fago).
-Deixar enfriar boca abaixo sobre papel de cociña.

NOTA:
Hai outras formas de esterilizar: no microondas, ou simplemente lavando os botes no lavavaixelas, pero eu prefiero este método tradicional.

EMBOTAR A CONSERVA:
(A miña experiencia é con marmeladas).
-Encher os botes hasta arriba (previamente esterilizados).
-Poñer as tapas.
(Hai quen pon entre a conserva e a tapa un film transparente. Eu non o fago.)
-Ferver 20 minutos tapados e cubertos de auga (hai quen solo pon auga hasta a metade do bote, pero eu cubroos completamente de auga).
-Deixar enfriar dentro do mesmo recipiente con auga.

(NOTA: Hai quen non utiliza este proceso. No caso das mermeladas, únicamente pechan o tarro no momento de embotar coa marmelada quente, tapan, danlle a volta ó bote e deixan enfriar . Penso que así o periodo de conservación é menor. Coa esterilización ó baño maría as conservas poden gardarse un ou dous anos sen problema.)

-Etiquetar (eu poño o nome e a fecha ).

Imprimir artículo

martes, 5 de mayo de 2015

Beneficios de condimentar a comida.


Antes de nada quero decir que non sei moito do tema, pero chámame moito a atención o pouco que utilizamos as especias os españois en xeral. 
En Galicia se nos quitan de: loureiro, allo, perexil  e pimentón penso que xa non utilizamos moitos mais condimentos. Motivo tamén polo que nos costa probar cousas novas, etc.

Moitas veces pensamos que algo nos senta mal porque está demasiado condimentado, e a maioría das veces, salvo intolerancias concretas, é porque non desgrasamos ben as comidas ou motivos similares.

Outras veces no sitio de utilizar as especias naturais compramos preparados artificiais que non teñen nada que ver co producto que pretenden sustituir (por exemplo utilizamos colorante no sitio de azafrán, etc).
Tamén é importante a conservación, pero ese xa sería outro tema. (Gardar sempre en lugar fresco e seco).

As herbas aromáticas e especias non solo potencian, melloran e modifican o sabor das comidas, preservan moitos alimentos e axudan a cuidar a saude.
Non suman calorías, así que non temos que pensar que vamos gañar peso.
Algunhas herbas e especias, coma o azafrán, o curri, a pimenta, son bos para controlar o nivel de tensión arterial (e con isto estaremos disminuindo os riscos de padecer problemas cardiovasculares). Outras son dixestivas (tomillo, romero,…), limitan o crecemento de bacterias no organismo (allo, limón,…), reducen gases (loureiro, hinojo), e podemos cultivalas nós mesmos ou atopalas no mercado en calquera época.

Se añadimos herbas e especias ós nosos alimentos moitas veces evitaremos añadir sal, evitando  retencións de líquidos ou outros perxuicios.
En definitiva, son beneficiosas para a nosa saúde.

Algunhas herbas aromáticas e especias que eu non dubidaría en utilizar:

-ALBAHACA: En ensaladas, pastas, guisos, etc.
Boa para aliviar dores reumáticas, dixestiva, estimulante.
-ORÉGANO: En ensaladas, pastas, pizzas, salsas (combina ben co tomate), etc.
Bon expectorante.
-TOMILLO: En arroz, carnes, caza, pescados, etc.
Chámanlle o antibiótico dos pobres.
Bo expectorante e antiséptico.


-PIMENTÓN: Moi utilizado en Galicia para calquera preparación “a la gallega”, con patacas, pulpo, etc.
Axuda a reducir o colesterol, gracias á capsaicina, un antioxidante.
-COMINO: En pratos de carne, pescado, ensaladas, legumbres (callos)…
É dixestivo.
-AZAFRÁN: En arroz, pastas, guisos,…
Realza o sabor.
-ESTRAGÓN: Con polo, con ovos, en salsas, …
Evita a hinchazón e a acidez estomacal.
-LAUREL: Moi utilizado en calquera guiso.
Para previr problemas de gases e dixestións difíciles.
-GUINDILLA: Da un toque picante ós pratos, ainda que non se debe abusar ( e non se debe tomar se se teñen problemas tipo úlceras ou hemorroides).
Ten efecto termoxénico (en países cálidos favorece a sudoración e a evaporación do sudor fai qeu o corpo se refresque; en paises fríos proporciona calor interior).
-HINOJO: Con peixe.
Diurético, estimulante e dixestivo. Mui indicado contra os gases.
-MENTA: En ensaladas, postres, salsas…
Estimula a dixestión, axuda en disfuncións de fígado e vesícula.
-PEREXIL: Moi utilizado (salsas, guisos, etc)
Contén vitamina A, C, calcio e manganeso. É diurética e antipirética.
-ROMERO: Carnes asadas, cordeiro, caza, pescado, etc.
Preferible utilizar seco (fresco é algo amargo).
Indicado para afeccións hepáticas e dixestivas. Suprime alerxias e conxestións nasais.
-ALLO: Da moito sabor e o seu aroma é moi intenso.
Chamado a penicilina rusa, debido a que durante a segunda guerra mundial, debido a escasez de antibióticos o exército ruso utilizouno de forma masiva.
Bactericida e purificador dos intestinos e da sangue.
-CÚRCUMA: Pódese utilizar para sustituir ó azafrán. En salsas, guisos, etc.
Cor amarillo mostaza. É un dos ingredientes do curri en polvo.
A reina das especias; contén proteinas, fibra dietética, niacina, vitaminas C, E, K, sodio, potasio, calcio, cobre, ferro, magnesio e zinc.
Antiinflamatoria, antimicrobiana, antioxidante, cicatrizante, diurética, expectorante, axuda a desintoxicar o fígado, alivia dores de artritis, reduce o nivel de colesterol, fortalece o sistema inmunolóxico, etc.
-CANELA: Moi saborosa e aromática. Utilízase en postres, pratos orientáis, compotas, marmeladas, etc.
Fai descender o azucre en sangue e ten un gran efecto anti-diabetes.
Facilita a dixestión. Relaxa. Ten moitas vitaminas e minerais. É antiinflamatorio.
-NOZ MOSCADA: Increible aroma e sabor.
Favorable para a circulación e problemas menstruales. Para regular a dixestión; para problemas estomacales (vómito, diarrea, acidez, flatulencia). Propiedades antibacterianas (para eliminar distintos tipos de xermes, especialmente na boca). Beneficioso en casos de depresión e ansiedade. E afrodisíaco!! 
(Debe ser tomada sin excesos xa que en ese caso sería perxudicial).
-XENXIBRE: Multitude de usos en cociña (guisos, repostería, etc).
Propiedades antiinflamatorias e analxésicas (Pode axudar a aliviar algunhas dores); pode usarse para tratar náuseas.
-ANÍS (semilla): Repostería, infusións, etc.
Axuda a disminuir os gases e facilita a súa expulsión.
-CEBOLIÑO: Suave sabor a cebola. Utilízase en ensaladas, sopas, canapés, cremas, salsas, tortillas, ...
Cómense tanto as follas como as frores.
Dixestivo e antiséptico. Reductor do colesterol. 
-CILANTRO: A veces confúndese co perexil, pero son dúas prantas distintas.
É un dos compoñentes do curri.
Para dixestións dolorosas, estreñimento, e trastornos dixestivos en xeral.
Remedio natural para insomnio e ansiedade. Expectorante. 
-PIMENTA: Empregase como especia picante.
Hai varios tipos: negra, branca, bermella, verde, ...
Facilita a dixestión, axuda cos problemas de hemorroides, antibacterial, desconxestionante natural, etc.
Non é recomendable en persoas con enfermidades intestinales ou gastritis).


(Desculpade se algunhos nomes non están en galego).



Imprimir artículo