O QUE PRECISO:
-Galletas tipo
Fontaneda (para a base).
-Queixo tipo
Philadelphia (350grs. Que ven sendo unha tarrina grande)
-500 gramos de
nata (de montar)
-200 grs azucre
-6 follas de
xelatina.
-500 gramos de
fresas (en este caso da horta da casa, con moito mais sabor que as compradas).
-Fresas para decorar (6-8 unidades, dependendo de tamaño).
-1/2 limón
(opcional)
PARA A COBERTURA:
-Fresas.
-3 follas de
xelatina.
COMO O FAGO:
A BASE:
Despois de mirar recetas para facer a base (que si base de bizcoito, q si triturar galleta con mantequilla e facer a base... etc), decidín que o mais fácil era facer desta maneira, sen complicacións, e o resultado é bo:
-Coloco nun
molde desmontable galletas tipo Fontaneda formando a base.
(Non lles fago
nada, colocoas enteiras simplemente).
Neste caso utilicei tamén papel de forno pero é completamente innecesario.
-Quito os rabos das fresas e limpoas debaixo do grifo.
-Trituro as
fresas limpas, ás que añado 1 ou 2 cucharadas de azúcre e o zumo de medio
limón, coa batidora. (Pódese pasar polo chino, ainda que este paso é opcional).
-Paso a mezcla por un chino ou colador para que esté mais fina, ainda que realmente non é mui necesario.
-Nun bol con auga
mui fria poño as 6 follas de xelatina para que se hidraten (unhos 5 minutos).
-Poñemos as
fresas trituradas ó lume hasta quentalas (sin que fervan); cando estén quentes
añado as follas de xelatina e mezclo para que se disolvan. Reservo.
-Nun bol grande
poño o azucre (200gr), a nata e o queixo (frios da nevera). Monto con unha
batidora de varillas (como cando montamos a nata).
-A esta mezcla
añádolle as fresas coa xelatina e mezclo ben con unha lingua de silicona
(movementos envolventes).
-Tamén añado
unhas fresas mui picadas,3 ou 4, para atopar despois na tarta algún tropezón
(opcional).
-Corto láminas de
fresa e colócoas polo lateral do molde
(esto tamén é opcional, pero non da taraballo e así queda mais vistosa a
tarta).
-Boto esta mezcla
no molde e reservo no frigorífico.
COBERTURA:
Trituro unhas
fresas, añado unha cucharada de azucre (opcional) e un pocillo de auga.
Quento e antes de
que ferva añado 3 follas de xelatina (previamente hidratadas). Paso por un
colador e reservo.
-Saco a tarta do
frigo e decoro a superficie con fresas laminadas (ó gusto).
-Cubro coa cobertura e volo ó
frigorífico hasta que calle.
O ideal é facela
ó día anterior ó seu consumo.
Imprimir artículo