Fai uns días tiña ganas de ovos recheos como os que facía miña nai fai anos (fai moitísimo que non os fai!).
Puxenme á labor e non me saíron nada mal.
É unha receita sinxela que se pode modificar ó gusto de cada un.
O QUE PRECISO: (Para dúas persoas)
-4 ovos.
-Unha lata de atún en aceite de oliva.
-Un pimento morrón.
-Maionesa ou similar (salsa fina).
-Sal.
-Aceitunas recheas de anchoa.
-Leituga.
COMO O FAGO:
Cócense os ovos (uns 10 minutos).
Despois de pelar os ovos cortanse pola metade.
Valeirolles as xemas e desmenúzoas nun recipiente axeitado. Reservo unha xema para o final.
Bótolles o atún desmenuzado, pimiento morrón en pedaciños mui pequenos e sal ó gusto.
Despois poño a maionesa, tamén ó gusto. Unhas duas cucharadas sopeiras.
Nunha fonte poño unha base de leituga, cortada ó gusto.
Asento as claras que tiña cortadas en metades (se é necesario cortar un pouco na base para que non se tambaleen).
Relleno coa mezcla que fixera anteriormente.
Encima poño unha pizca de maionesa (mui pouca); tamén un ou dous pedaciños de pimento morrón; e unha oliva rechea de aceituna en cada medio ovo.
Para rematar, raio a xema que reservara por enriba.
Xa están listos!
Imprimir artículo
Espazo para as receitas de cociña que vou facendo ou copiando e temas relacionados. Sen pretensións, xa que os meus coñecementos son básicos; simplemente como arquivo para botar man das receitas cando necesito cociñar.
Translate
martes, 26 de febrero de 2013
lunes, 25 de febrero de 2013
Benvida.
En este pequeno espazo pretendo ir deixando as receitas de cociña que vou facendo, soa ou en grupo, así como outras cousas relacionadas co mesmo tema.
A idea xurdiu cando me dei conta de que quería repetir unha receta recollida en internete, porque me saíra ben, pero non lembraba nin que receita utilizara nin en que páxina estaba.
Espero que algunha destas cousas sexa dalgún interés para alguén.
O idioma empregado normalmente será o galego. Ou o castelán. Ou ambos.
Imprimir artículo
A idea xurdiu cando me dei conta de que quería repetir unha receta recollida en internete, porque me saíra ben, pero non lembraba nin que receita utilizara nin en que páxina estaba.
Espero que algunha destas cousas sexa dalgún interés para alguén.
O idioma empregado normalmente será o galego. Ou o castelán. Ou ambos.
En este pequeño espacio pretendo ir dejando las recetas de cocina que voy haciendo, sola o en grupo, así como otras cosas relacinadas con el mismo tema.La idea surgió cuando me di cuenta de que quería repetir una receta recogida en internet, porque me había salido bien, pero no recordaba ni que receta utilizara ni en que página estaba.Espero que alguna de estas cosas sean de algún interés para alguien.El idioma empleado normalmente será el gallego. O el castellano. O ambos.
Imprimir artículo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)