Translate

martes, 26 de febrero de 2013

Ovos recheos.

Fai uns días tiña ganas de ovos recheos como os que facía miña nai fai anos (fai moitísimo que non os fai!).
Puxenme á labor e non me saíron nada mal.
É unha receita sinxela que se pode modificar ó gusto de cada un.

O QUE PRECISO: (Para dúas persoas)


-4 ovos. 
-Unha lata de atún en aceite de oliva.
-Un pimento morrón.
-Maionesa ou similar (salsa fina).
-Sal.
-Aceitunas recheas de anchoa.
-Leituga.

COMO O FAGO:

Cócense os ovos (uns 10 minutos).

Despois de pelar os ovos cortanse pola metade.

Valeirolles as xemas e desmenúzoas nun recipiente axeitado. Reservo unha xema para o final.

Bótolles o atún desmenuzado, pimiento morrón en pedaciños mui pequenos e sal ó gusto.

Despois poño a maionesa, tamén ó gusto. Unhas duas cucharadas sopeiras.

Nunha fonte poño unha base de leituga, cortada ó gusto.

Asento as claras que tiña cortadas en metades (se é necesario cortar un pouco na base para que non se tambaleen).

Relleno coa mezcla que fixera anteriormente.

Encima poño unha pizca de maionesa (mui pouca); tamén un ou dous pedaciños de pimento morrón; e unha oliva rechea de aceituna en cada medio ovo.

Para rematar, raio a xema que reservara por enriba.

Xa están listos!



Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario