(Receta
de Tony V.Hermida; ainda que a orixinal é a de Jamie Oliver).
Este
é un asado de domingo típicamente inglés.
Se o probas unha vez,
repetirás.
Mínimo
para dúas persoas, ainda que dependendo do tamaño do polo pode
chegar para catro.
GRAVY: É unha salsa resultante dos jugos e das verduritas do asado.
O
que preciso:
-1
polo enteiro.
-1
cebola.
-6
dentes de allo enteiros.
-1
zanahoria grande
(unhas rodaxas para o asado; o resto para o acompañamento).
-1
Puerro
(3 ou 4 rodaxas para o asado; o resto para o acompañamento).
-5
patacas medianas.
-Chícharos
(guisantes).
(Para o acompañamento).
-champiñóns
( 3 para o asado; 4 por persoa para o acompañamento. Utilizarei os
sombreiros únicamente).
-1
limón (opcional).
-Sal.
-Pimenta.
-Aceite
de oliva.
-Caldo
de polo (para
o gravy).
-1
cucharada sopeira de fariña (para
o gravy).
-Viño
branco (para
o gravy).
Utensilios:
Imprescindible un esmagador de pataca e un colador.
Como
o fago:
Esta
receita ten 3
pasos:
-Asar
o polo.
-Preparar
o acompañamento (Verduras ó gusto. Utilízase moito coles de
bruselas, coliflor, zanahoria, brécol...).
-Preparar
o gravy.
1-ASAR
O POLO:
-Salpimentar ben o polo, poñerlle un chorriño de aceite enriba, e coa axuda das máns chegar a tódolos rincóns.
(Podemos poñerlle un limón na cavidade valeira do polo; pero esto é opcional. No caso de facelo: Pinchar o limón varias veces; poñer no microondas 30 segundos; meter no polo.)
-Na fonte do forno, facemos unha cama de verduras. Poñemos: chorriño
pequeno de aceite de oliva, cebola, zanahoria, puerro, os dentes de
allo sen pelar e 3 rodaxas de puerro e 2 ou tres champiñóns en trozos.
-Poñer o polo enriba da cama vexetal.
-Poñer un chorriño de aceite enriba e botar mais sal e pimenta. Poñer tamén un chorriño pequeno de aceite nos laterais da fonte.
-Añadir as patacas (que non se toquen entre si). Salpimentar.
-Meter
no forno quente. 190º , 1 hora e media.
(Jamie
Oliver di 1 hora e media para o polo e 1 hora para as patacas, pero
se as patacas se meten completamente crudas, precisan 1 hora e media
igual que o polo).
-
Añadir os champiñóns (4 por persoa): media hora antes de sacar o
asado do forno.
-Pasada
a hora e media, sacamos o polo do forno e pasámolo para unha fonte
(Primeiro pinchámolo e asegurámonos de que solte ben tódolos
jugos).
Cubrimos
o polo con un pano de cociña e deixámolo repousar. (Tamén se pode
cubrir con papel de aluminio e un pano de cociña).
Pasamos
a facer o GRAVY.
Nese
momento tamén podemos poñer a cocer as verduriñas do
acompañamento.
2-ACOMPAÑAMENTO:
Puerro,
zanahoria e chícharos. (Cocidos en auga e sal).
3-Facer
o GRAVY:
O
gravy faise cos jugos e as verduriñas do asado. O segredo dun bo
gravy é aproveitar tódolos
jugos do polo.
Utilicei:
-As
verduras que puxemos antes de leito no asado.
-Os
jugos que soltou o polo.
-Un
chorro de viño branco.
-1
cucharada de fariña.
-1/2
lt de auga e 1 pastilla de caldo de polo (ou 1/2 lt de caldo de polo
caseiro).
Como
o fago:
-Disolver
a pastilla de caldo en 1/2 litro de auga quente (un vaso cheo).
(Se
temos caldo de polo xa non precisamos a pastilla)
-
Quitamos o 90% do aceite da bandexa do forno con axuda de unha
culler.
(Se
ten pouco aceite quitaremos menos).
-Esmagar
as verduras da fonte do asado (o mais fácil é usar un esmagador de
patacas).
-Botar
mais jugos do polo, se este soltou mais.
-Poñer
directamente no lume a fonte do forno (lume baixo).
-Añadir
1 cucharada sopeira de fariña e remover (que se faga un pouco).
-Añadir
un chorro de viño branco e seguir removendo. Deixar que evapore o
alcohol.
-Añadir
o caldo de polo (1/2 lt). Seguir removendo.
-Deixar
unhos minutos hasta ebullición (hasta que espesa un pouco).
-Unha vez feito esto, pasamos por un colador e xa obtemos o noso GRAVY.
(Botarémolo nunha salseira, para que logo na mesa cada un sirva a cantidade que queira).
Xa
temos todo listo. Trinchar o polo e servir: Polo con patacas,
champiñóns e verduras.
Despois,
na mesa, cada un botará por enriba a cantidade de gravy que queira.
Imprimir artículo