Non sei se probastes a combinación carne de porco e un toque dulce
(mazá, pasas, cirolas, mel…). Se non probastes, sorprenderavos o rica que está
así a carne.
Esta receita está moi boa e é moi sinxela. Recomendo non pasarse
nada coa mel, se non notarase demasiado o seu sabor por enriba do resto.
O QUE PRECISO: Chega para 3 persoas.
-Costela de porco (800grs).
-Mel: 2 cucharadas.
-Mostaza inglesa (é bastante forte e picante): 3 cucharadas.
-Salsa de Soia: 5 cucharadas.
-Auga: 1 vaso pequeno.
NOTA: A mostaza tamén vale de Dijon clásica. Nunca usar
mostaza da que usamos comúnmente para as hamburguesas (iso non é mostaza nin é
nada!!).
Non é necesario añadir sal.
COMO O FAGO:
-Como utilicei mostaza inglesa en polvo, o primeiro que fago
e poner nun recipiente 3 cucharadas de mostaza e añadir un pouquiño de auga.
Remover.
Quedará unha crema; a típica mostaza.
(Se temos mostaza xa feita añadimos directamente as 3 cucharadas).
(Se temos mostaza xa feita añadimos directamente as 3 cucharadas).
-Añado 5 cucharadas de salsa de soia e mezclo.
(Xa está
feito o aliño da carne).
-Quentar o forno a 190º.
-Meter a costela no forno (no fondo poner un pouco de auga
para que non se queime o aliño). Levaralle unhos 45 minutos.
-Ós 25 minutos mais ou menos darlle a volta e impregnar ben
co aliño polo outro lado.
-Añadir un vaso pequeno de auga, para que se faga salsa.
(Se antes dos 25 minutos vemos que se está secando
demasiado, ou se queima, añadir auga).
Este aliño faille adquirir un bonito color dourado.
Podemos acompáñalo con ensalada ou patacas asadas.
Imprimir artículo