Translate

martes, 28 de abril de 2015

Costela de porco ó forno, con mel, mostaza e “soja”.


   Non sei se probastes a combinación carne de porco e un toque dulce (mazá, pasas, cirolas, mel…). Se non probastes, sorprenderavos o rica que está así a carne.

   Esta receita está moi boa e é moi sinxela. Recomendo non pasarse nada coa mel, se non notarase demasiado o seu sabor por enriba do resto.



O QUE PRECISO: Chega para 3 persoas.

-Costela de porco (800grs).
-Mel: 2 cucharadas.
-Mostaza inglesa (é bastante forte e picante): 3 cucharadas.
-Salsa de Soia: 5 cucharadas.
-Auga: 1 vaso pequeno.


NOTA: A mostaza tamén vale de Dijon clásica. Nunca usar mostaza da que usamos comúnmente para as hamburguesas (iso non é mostaza nin é nada!!).
Non é necesario añadir sal.

COMO O FAGO:
-Como utilicei mostaza inglesa en polvo, o primeiro que fago e poner nun recipiente 3 cucharadas de mostaza e añadir un pouquiño de auga. Remover.
Quedará unha crema; a típica mostaza.
(Se temos mostaza xa feita añadimos directamente as 3 cucharadas).


-Añado 5 cucharadas de salsa de soia e mezclo.



-Añado 2 cucharadas de mel e mezclo ben todo .


(Xa está feito o aliño da carne).

-Con un pincel de cociña unto ben a costela e deixo 15 minutos repousando para que colla sabor.

-Quentar o forno a 190º.
-Meter a costela no forno (no fondo poner un pouco de auga para que non se queime o aliño). Levaralle unhos 45 minutos.

-Ós 25 minutos mais ou menos darlle a volta e impregnar ben co aliño polo outro lado.
-Añadir un vaso pequeno de auga, para que se faga salsa.
(Se antes dos 25 minutos vemos que se está secando demasiado, ou se queima, añadir auga).
Este aliño faille adquirir un bonito color dourado.
Cando pasen 45 minutos estará listo.

Podemos acompáñalo con ensalada ou patacas asadas.


 ¡O sabor é sorprendente!



Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario