Adicado ós torpes que non sabemos cociñar, pero que de vez en cando botamos de menos os pratos de cuchara.
Que saibades que non tedes que renunciar, que as cousas son menos difíciles do que parecen; e que se non nos sae de restaurante, sempre vai estar moito mais bo que a comida de bote ou precociñada. Quedaranvos ganas de repetir.
O ideal xa sería cocer nós as fabas, pero como sempre andamos faltos de tempo e tendemos a simplificalo todo, pois facede coma mín, que non me escoite Arguiñano pero... con unhas fabas de bote vai quedar bo.
O QUE PRECISO:
-1/2 pimento bermello.
-3 dentes de allo.
-1 pedaciño de puerro.
-1 tomate maduro.
-1 cebola.
- Perexil fresco.
-1 "cayena".
-Almexas (unhos 200 grs).
Pódense utilizar conxeladas.
Pódense utilizar conxeladas.
-Gambas (10u.).
(Pódese facer con gambóns ou langostinos )
-Viño branco.
(Pódese facer con gambóns ou langostinos )
-Viño branco.
-Aceite de oliva.
-2 Botes de fabas
(de 400 grs).
(de 400 grs).
-1 Folla de loureiro.
COMO O FAGO:
-Deixo as almexas en auga con bastante sal para que solten
areas e suciedade.
-Poño a ferver auga con un trozo de puerro, unha rama de
perexil e un dente de allo sen pelar (ó gusto, se añadimos mais verduras, mais sabor).
-Picar o allo, a cebola, o puerro, o pimento e o tomate (en
pedaciños pequenos).
-Botar na cazola un chorro de aceite de oliva. Añadir a
cebola. Despois o allo. Rehogar.
-Añadir o pimento en tacos, unha cayena e unha folla de
laurel.
-Despois añadir o tomate troceado.
-Añadir unha cucharadiña (do café) de pimentón.
-Añadir sal ó gusto.
-Cando esté un pouco
feito añadir as almexas. Añadir un chorro de viño branco. Deixar que se abran.
-Añadir as gambas.
-Añadir perexil picado.
-Añadir as fabas (Eu utilizo fabas de bote, que veñen xa
cocidas. Antes de añadilas poñoas nun escurridor e refrescoas con auga).
-Cubrir con auga (da que tiña a ferver na outra cazola).
Deixo que se faga unhos 10-15 minutos.
Sae cantidade para 4 persoas. Este prato está mais bo ó día seguinte.
Imprimir artículo
No hay comentarios:
Publicar un comentario