Translate

jueves, 22 de septiembre de 2016

Lubina ó forno


É posible que estea facendo moitas cousas mal ou que estea estropeando a receita, pero estaba moi boa!

O QUE PRECISO: (2 Persoas)
2 Lubinas
4 Patacas medianas
Media cebola
Medio pemento bermello
1 Tomate maduro
3 dentes de allo
Perexil fresco
Pimenta
Medio limón
Un vaso de viño branco.
Aceite de oliva
Sal
COMO O FAGO:
-Lavo ben as lubinas debaixo do grifo (O pescadeiro xa mas deu limpas e sin escamas).

-Pelo as patacas e córtoas en lonchas delgadas.
-Fago o mesmo coa cebola.
-Corto o pemento en tiras.
-Nunha sartén con aceite fago un pouquiño as patacas e case ó final poño a cebola.
(Ter en conta que teñen que ir ó forno esto só é para  que lles de tempo a facerse).
-Nunha bandexa de forno unto o fondo con aceite de oliva. Poño enriba unha cama de patacas, cebola e os pimentos en tiras.  Coloco o tomate pelado cortado en rodelas ou en anacos. Añado un pouco de sal.

-Enriba coloco as lubinas. Salpimento.

- Añado o allo ben picadiño (...nesta ocasión o allo non estaba mui ben picadiño).

-Colócolles unhas rodelas de limón (ó gusto).
-Por enriba bótolles un vaso de viño branco.
-Póñolles perexil ben picado.

-Meto no forno quente a 150º unhos 50 minutos.
-Servir e listo!

NOTA: Sería tamén boa opción añadir uvas pasas (tipo corinto).


Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario