Translate

miércoles, 16 de agosto de 2017

ALBÓNDIGAS


O QUE PRECISO: (chega para 4 persoas)



PARA AS ALBÓNDIGAS:
½ Cebola
1 Dente de allo
Carne picada (mezcla porco e tenreira): 500 grs
1 Ovo
Pan raiado
Fariña
Sal e pementa

PARA A SALSA:
1 Cebola
1 Dente de Allo
Puerro
1 Zanahoria
Viño branco
Aceite oliva
Caldo de polo (2 vasos)

1 lata de tomate troceado (ou 2 tomates naturais)

COMO O FAGO:
Comezo coas albóndigas:

-Pico mui ben a cebola e o allo (podo utilizar un picador eléctrico) e añado á carne picada.



-Añado tamén sal, pimenta, 1 ovo batido e 2 ou 3 cucharadas de pan raiado.

-Mezclo ben.
-Unto unha fonte con aceite.
-Fago as bolas e deixo na fonte mentras fago a salsa.

A salsa:
-Picar cebola, allo, puerro e zanahoria.


-Poñer nunha tarteira un chorro de aceite de oliva.
-Rehogar a cebola e o allo, o puerro e a zanahoria.


-Añadir un chorro de viño branco.

-Deixar facer 5-10 minutos.
-Añadir tomate troceado (pode ser natural, de lata, etc).
-Deixar que se faga, sen que se pegue, unhos 30 minutos, añadindo caldo de polo.
(Se non se queren atopar os cachiños pódese triturar a mezcla).

-Mentras se fai paso as albóndigas por fariña e frítoas en un pouco aceite de oliva.


-Unha vez fritidas pásoas a un prato con papel absorvente.

-Añado á salsa de tomato e deixo que se mezclen unhos 10-15 minutos, con cuidado ó remover para que non se rompan.
(Tamén se pode añadir perexil picado, opcional.)


-Apago o lume e deixo repousar unhos minutos.

ACOMPAÑAMENTO: Podemos acompañar con patacas fritidas, patacas cocidas, arroz basmati, etc.


Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario