Translate

lunes, 20 de agosto de 2018

CHIPIRÓNS Ó CAVA


O QUE PRECISO:
2 Dentes de allo
2 Cebolas pequeñas
½ Pemento bermello
½ Kg de chipiróns
Cava
1 Tomate troceado (podemos utilizar tomate troceado de lata)
Chícharos (un puñado) –Eu utilizo conxelados-
1 Guindilla
½ Pastilla de caldo de verduras ou de peixe (opcional). Ou a opción mais sana de sal e pimenta.
Aceite de oliva
Sal
Perexil
Para acompañar:
Arroz blanco ou patacas.

COMO O FAGO:
Limpo os chipiróns (ainda que veñen bastante limpos da pescadería, debaixo do grifo retírolles o que queda no interior e mais a pel, que xa sae moi fácilmente) .


Troceo o allo e a cebola (co tamaño que queira).






Troceo o pemento (en tacos ou ó gusto).


Poño ó lume unha cazola baixa con aceite de oliva.

Rehogo o allo e a cebola, despois añado o pemento.


Añado  o tomate troceado.


Poño unha guindilla se me gusta un toque picante.

Cando esté un pouco feito añado os chipiróns cortados ó gusto.


Añado ½ pastilla de caldo de verduras ou de peixe e sal.

Añado o cava (un vaso mais ou menos).


Deixo facer lentamente  (unha media hora, pero o millor é  probar).
(Se vemos que a salsa queda moi espesa o corremos risco de que se queime podo añadir un vaso auga quente).



Dez minutos antes de apagar o lume añado un puñado de chícharos conxelados.

Añado un puñado de perexil picado.
Apago o lume e deixo repousar unhos dez minutos.Podo acompañar con arroz blanco ou con patacas.
Se acompaño con patacas unha opción é cocer as patacas e añadir ós chipiróns cando éstos estén casi feitos.



Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario