Translate

jueves, 7 de mayo de 2015

Botes conserva. Preparación.


ESTERILIZAR OS BOTES:
Este é un paso previo ó embotado para conserva (para reducir ó máximo a posible presenza de microbios e bacterias).
-Primeiro elexir os botes adecuados (máis grandes, máis pequeños) según o que vaiamos  envasar.
-Lavar ben os botes e as tapas.
-Ferver botes e tapas nunha cazola, ben cubertos de auga, unhos 20 minutos.
(recomendase poner na base un paño doblado para que non choquen entre eles e rompan, ainda que eu non sempre o fago).
-Deixar enfriar boca abaixo sobre papel de cociña.

NOTA:
Hai outras formas de esterilizar: no microondas, ou simplemente lavando os botes no lavavaixelas, pero eu prefiero este método tradicional.

EMBOTAR A CONSERVA:
(A miña experiencia é con marmeladas).
-Encher os botes hasta arriba (previamente esterilizados).
-Poñer as tapas.
(Hai quen pon entre a conserva e a tapa un film transparente. Eu non o fago.)
-Ferver 20 minutos tapados e cubertos de auga (hai quen solo pon auga hasta a metade do bote, pero eu cubroos completamente de auga).
-Deixar enfriar dentro do mesmo recipiente con auga.

(NOTA: Hai quen non utiliza este proceso. No caso das mermeladas, únicamente pechan o tarro no momento de embotar coa marmelada quente, tapan, danlle a volta ó bote e deixan enfriar . Penso que así o periodo de conservación é menor. Coa esterilización ó baño maría as conservas poden gardarse un ou dous anos sen problema.)

-Etiquetar (eu poño o nome e a fecha ).

Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario