Translate

lunes, 20 de agosto de 2018

CHIPIRÓNS Ó CAVA


O QUE PRECISO:
2 Dentes de allo
2 Cebolas pequeñas
½ Pemento bermello
½ Kg de chipiróns
Cava
1 Tomate troceado (podemos utilizar tomate troceado de lata)
Chícharos (un puñado) –Eu utilizo conxelados-
1 Guindilla
½ Pastilla de caldo de verduras ou de peixe (opcional). Ou a opción mais sana de sal e pimenta.
Aceite de oliva
Sal
Perexil
Para acompañar:
Arroz blanco ou patacas.

COMO O FAGO:
Limpo os chipiróns (ainda que veñen bastante limpos da pescadería, debaixo do grifo retírolles o que queda no interior e mais a pel, que xa sae moi fácilmente) .


Troceo o allo e a cebola (co tamaño que queira).






Troceo o pemento (en tacos ou ó gusto).


Poño ó lume unha cazola baixa con aceite de oliva.

Rehogo o allo e a cebola, despois añado o pemento.


Añado  o tomate troceado.


Poño unha guindilla se me gusta un toque picante.

Cando esté un pouco feito añado os chipiróns cortados ó gusto.


Añado ½ pastilla de caldo de verduras ou de peixe e sal.

Añado o cava (un vaso mais ou menos).


Deixo facer lentamente  (unha media hora, pero o millor é  probar).
(Se vemos que a salsa queda moi espesa o corremos risco de que se queime podo añadir un vaso auga quente).



Dez minutos antes de apagar o lume añado un puñado de chícharos conxelados.

Añado un puñado de perexil picado.
Apago o lume e deixo repousar unhos dez minutos.Podo acompañar con arroz blanco ou con patacas.
Se acompaño con patacas unha opción é cocer as patacas e añadir ós chipiróns cando éstos estén casi feitos.



Imprimir artículo

miércoles, 16 de agosto de 2017

ALBÓNDIGAS


O QUE PRECISO: (chega para 4 persoas)



PARA AS ALBÓNDIGAS:
½ Cebola
1 Dente de allo
Carne picada (mezcla porco e tenreira): 500 grs
1 Ovo
Pan raiado
Fariña
Sal e pementa

PARA A SALSA:
1 Cebola
1 Dente de Allo
Puerro
1 Zanahoria
Viño branco
Aceite oliva
Caldo de polo (2 vasos)

1 lata de tomate troceado (ou 2 tomates naturais)

COMO O FAGO:
Comezo coas albóndigas:

-Pico mui ben a cebola e o allo (podo utilizar un picador eléctrico) e añado á carne picada.



-Añado tamén sal, pimenta, 1 ovo batido e 2 ou 3 cucharadas de pan raiado.

-Mezclo ben.
-Unto unha fonte con aceite.
-Fago as bolas e deixo na fonte mentras fago a salsa.

A salsa:
-Picar cebola, allo, puerro e zanahoria.


-Poñer nunha tarteira un chorro de aceite de oliva.
-Rehogar a cebola e o allo, o puerro e a zanahoria.


-Añadir un chorro de viño branco.

-Deixar facer 5-10 minutos.
-Añadir tomate troceado (pode ser natural, de lata, etc).
-Deixar que se faga, sen que se pegue, unhos 30 minutos, añadindo caldo de polo.
(Se non se queren atopar os cachiños pódese triturar a mezcla).

-Mentras se fai paso as albóndigas por fariña e frítoas en un pouco aceite de oliva.


-Unha vez fritidas pásoas a un prato con papel absorvente.

-Añado á salsa de tomato e deixo que se mezclen unhos 10-15 minutos, con cuidado ó remover para que non se rompan.
(Tamén se pode añadir perexil picado, opcional.)


-Apago o lume e deixo repousar unhos minutos.

ACOMPAÑAMENTO: Podemos acompañar con patacas fritidas, patacas cocidas, arroz basmati, etc.


Imprimir artículo

jueves, 22 de septiembre de 2016

Lubina ó forno


É posible que estea facendo moitas cousas mal ou que estea estropeando a receita, pero estaba moi boa!

O QUE PRECISO: (2 Persoas)
2 Lubinas
4 Patacas medianas
Media cebola
Medio pemento bermello
1 Tomate maduro
3 dentes de allo
Perexil fresco
Pimenta
Medio limón
Un vaso de viño branco.
Aceite de oliva
Sal
COMO O FAGO:
-Lavo ben as lubinas debaixo do grifo (O pescadeiro xa mas deu limpas e sin escamas).

-Pelo as patacas e córtoas en lonchas delgadas.
-Fago o mesmo coa cebola.
-Corto o pemento en tiras.
-Nunha sartén con aceite fago un pouquiño as patacas e case ó final poño a cebola.
(Ter en conta que teñen que ir ó forno esto só é para  que lles de tempo a facerse).
-Nunha bandexa de forno unto o fondo con aceite de oliva. Poño enriba unha cama de patacas, cebola e os pimentos en tiras.  Coloco o tomate pelado cortado en rodelas ou en anacos. Añado un pouco de sal.

-Enriba coloco as lubinas. Salpimento.

- Añado o allo ben picadiño (...nesta ocasión o allo non estaba mui ben picadiño).

-Colócolles unhas rodelas de limón (ó gusto).
-Por enriba bótolles un vaso de viño branco.
-Póñolles perexil ben picado.

-Meto no forno quente a 150º unhos 50 minutos.
-Servir e listo!

NOTA: Sería tamén boa opción añadir uvas pasas (tipo corinto).


Imprimir artículo

jueves, 28 de julio de 2016

Tarta fría de fresas


O QUE PRECISO:
-Galletas tipo Fontaneda (para a base).
-Queixo tipo Philadelphia (350grs. Que ven sendo unha tarrina grande)
-500 gramos de nata (de montar)
-200 grs azucre
-6 follas de xelatina.
-500 gramos de fresas (en este caso da horta da casa, con moito mais sabor que as compradas).
-Fresas para decorar (6-8 unidades, dependendo de tamaño).
-1/2 limón (opcional)
 PARA A COBERTURA:
-Fresas.
-3 follas de xelatina.

COMO O FAGO:

A BASE:
Despois de mirar recetas para facer a base (que si base de bizcoito, q si triturar galleta con mantequilla e facer a base... etc), decidín que o mais fácil era facer desta maneira, sen complicacións, e o resultado é bo:

-Coloco nun molde desmontable galletas tipo Fontaneda formando a base.
(Non lles fago nada, colocoas enteiras simplemente).
Neste caso utilicei tamén papel de forno pero é completamente innecesario.
-Quito os rabos das fresas e limpoas debaixo do grifo.

-Trituro as fresas limpas, ás que añado 1 ou 2 cucharadas de azúcre e o zumo de medio limón, coa batidora. (Pódese pasar polo chino, ainda que este paso é opcional).

-Paso a mezcla por un chino ou colador para que esté mais fina, ainda que realmente non é mui necesario.

-Nun bol con auga mui fria poño as 6 follas de xelatina para que se hidraten (unhos 5 minutos).
-Poñemos as fresas trituradas ó lume hasta quentalas (sin que fervan); cando estén quentes añado as follas de xelatina e mezclo para que se disolvan. Reservo.


-Nun bol grande poño o azucre (200gr), a nata e o queixo (frios da nevera). Monto con unha batidora de varillas (como cando montamos a nata).

-A esta mezcla añádolle as fresas coa xelatina e mezclo ben con unha lingua de silicona (movementos envolventes).
-Tamén añado unhas fresas mui picadas,3 ou 4, para atopar despois na tarta algún tropezón (opcional).
-Corto láminas de fresa  e colócoas polo lateral do molde (esto tamén é opcional, pero non da taraballo e así queda mais vistosa a tarta).
-Boto esta mezcla no molde e reservo no frigorífico.

COBERTURA:
Trituro unhas fresas, añado unha cucharada de azucre (opcional) e un pocillo de auga.

Quento e antes de que ferva añado 3 follas de xelatina (previamente hidratadas). Paso por un colador e reservo.

-Saco a tarta do frigo e decoro a superficie con fresas laminadas (ó gusto). 

-Cubro coa cobertura e volo ó frigorífico hasta que calle.




O ideal é facela ó día anterior ó seu consumo.

Imprimir artículo