1 kg. de fresas.
600 gramos de azúcre.
Zumo de un ou dous limóns.
1 rama de canela.
COMO O FAGO:
-Quitar a folla verde das fresas (pedúnculo).
-Lavar as fresas e trocealas.
-Nun bol grande poñer o kilo de fresas co azúcre, o limón (podo poñer tamén un trozo de casca) e unha rama de canela.
-Deixar toda a noite no frigorífico macerando (o líquido queda como un almíbar).
Ó día seguinte fago a mermelada:
-Poño as fresas co seu almíbar a lume lento unhos 40 minutos. (A canela e a casca de limón podo retirala antes ou cando empece a espesar un pouco).
Ir removendo e retirar a espuma que se vai facendo.
-Cando esté feita retirar e se queremos podemos pasarlle a batidora (ó noso gusto; a min no caso da mermelada de fresas gústame atopar algún pedaciño).
-Poñer nos botes (hasta arriba de todo) e tapar.
(Despois seguimos unha das dúas opcións que coñecemos: ou ben lles damos a volta ós botes, en quente, e os deixamos así hasta o día seguinte. Ou os esterilizamos a baño maría).
Conservar nun sitio fresco, seco e escuro.
NOTAS:
A PECTINA: A pectina é o que fai que a mermelada gelifique, que espese. A industria añade pectina pero no caso das mermeladas caseiras non é necesario xa que as froitas xa teñen pectinas naturais.
Ademais O LIMÓN apórtalle a pectina extra que necesitamos (por eso añadimos o zumo de limón). A pectina natural necesita de azúcre para realizar a súa función.
O limón tamén axuda a conseguir un equilibrio de acidez. Tamén aporta sabor e aroma.
Ademáis de añadir o zumo tamén podemos añadir a pel do limón e logo retirar.
Nalgunhas mermeladas de froitas ou verduras con pouca pectina (por exemplo calabacín, plátano, piña, pera) añadiremos mazá para que lle aporte esta pectina.
O AZÚCRE: O azúcre ademais de endulzar, actúa como conservante. Eu suelo añadir a metade de azúcre que de froita ou un pouco mais. (Hai quen añade metade e metade).
COMO SABER SI A MERMELADA ESTÁ FEITA:
Se a deixamos pouco tempo sairá líquida porque a pectina non espesou.
Se a deixamos demasiado tempo sairá demasiado dulce e demasiado espesa.
Unha maneira de saber si xa está é ós vinte minutos facéndose botar un pouquiño nun pratiño e meter unhos minutos no frigorífico ou conxelador; xa vamos ver se ten a textura adecuada (formou como unha cuberta; fai arruga).
O RECIPIENTE: É recomendable utilizar unha cazola baixa e ancha, e facer cantidades pequenas.
A FROITA: Escoller froita que non esté nin mui verde nin mui madura (canto mais madura está a froita menos pectina ten).
Imprimir artículo