Translate

miércoles, 26 de agosto de 2015

Mermelada de moras.

Recomendo facer esta mermelada. Sorprenderavos!! 
É a mais saborosa de tódalas que probei.

O QUE PRECISO:

-1 Kg. de moras.

-500 gramos de azúcre.

-Zume de medio limón.




COMO O FAGO:

-Lavar ben as moras e escurrir.


-Poñer nun bol e añadir o azúcre e o zume de limón.

-Deixar macerar 2 horas (ou podes deixalas toda a noite no frigorífico).

-Triturar un pouco coa batidora e colar para retirar as pepitas. (Este paso é opcional. Tamén hai quen cola a mermelada dende que está feita).

-Poñer a lume lento unha media hora ou cuarenta minutos (xa se vai vendo a textura). Ir retirando a espuma que faga.

-Cando a mermelada esté feita rechear os tarros de cristal previamente esterilizados. É importante enchelos hasta arriba de todo.
(Ver entrada neste blog sobre como esterilizar botes de conserva).

-Pechar os botes.

-Logo temos dúas opcións:

Opción 1: Poñelos boca abaixo e deixalos así toda a noite.
Opción 2: Poñelos a baño maría unhos 30 minutos dende que a auga ferve. Con esta opción temos a seguridade de que a mermelada se conservará moito tempo (1 ou 2 anos).

OPCIÓN DE CONSUMO:

Non solo a podedes tomar nas típicas tostadas do almorzo, probade con:
Galletitas saladas tipo "crackers", con queixo de untar e mermelada de moras. Delicioso!!



Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario