Eu sigo a receita de Carlos Arguiñano e sae mui ben. É faino con cabracho, peixe habitual no País Vasco, pero eu utilizo o peixe que teña nese momento, e gústame mezclar varios tipos.
Como é pra consumir frío permíteche preparalo o día anterior.
O QUE PRECISO:
(Según a receita de Arguiñano estas cantidades serían para 2 persoas, pero chega para mais.)
-1/4 Kg de peixe (salmón, mero, merluza…). Podemos poñer
varios tipos.
(Eu nesta ocasión utilicei unha rodaxa de salmón e un filete de bacalao fresco).
-6 gambóns pelados.
-4 ovos.
-1/2 zanahoria.
-1/2 puerro.
-125 ml de nata líquida.
-125 ml de salsa de tomate.
-Sal.
-Pimenta.
-Noz moscada (opcional).
-Unha pizca de mantequilla (para untar o molde).
-Pan raiado (para o molde).
-Folla de perexil (opcional para decorar).
COMO O FAGO:
-Cocer o peixe e as gambas co puerro a zanahoria e unha
pizca de sal. Podes poñer unha folliña pequena de loureiro. (10-15’ dependendo do tipo de peixe).
-Batir os ovos.
-Añadir a nata, a salsa de tomate, o peixe desmenuzado e as
gambas cortadas pola metade (ou en tres pedaciños se son gambóns ). Añadir tamén o puerro e a zanahoria en pedaciños pequenos.
(IMPORTANTE: Se che gusta unha textura parecida a un paté pasalle a batidora á mezcla; a min gústame atopar
cachiños de peixe. Tamén podes reservar unha parte de peixe e o resto batir).
-Untar un molde con mantequilla e pan raiado.
-Deixar enfriar e desmoldar. Cortar porcións. Decorar cunha
folla de perexil.
ACOMPAÑAMENTO:
A min gústame con SALSA ROSA, pero pódese utilizar maionesa
ou outra salsa.
Tostas de pan (as que mais nos gusten).
OUTRAS ACLARACIÓNS:
BAÑO MARÍA:
Consiste en introducir o molde do pastel en outro molde con auga.
SALSA ROSA FÁCIL:
Mezclar maionesa, kétchup, chorro de brandi e chorro de zumo
de laranxa (opcional). Ir probando.
Imprimir artículo
No hay comentarios:
Publicar un comentario