Translate

sábado, 30 de abril de 2016

Bizcoito fácil de mazá


O QUE PRECISO:

-4 ou 5 mazás
-100 grs de margarina ou mantequilla
-4 ovos
-10 cucharadas sopeiras de azúcre
-14 cucharadas sopeiras de fariña
-1 sobre de levadura
-1 vaso de leite
-raiadura de un limón

COMO O FAGO:

Nun bol poñer o azúcre e a margarina, revolver,

Añadir os ovos.
Añadir a fariña (tamizada).
Añadir a levadura e a raiadura de limón.
Añadir o leite.
Mezclar.
Añadir unha mazá (picada en tacos pequenos).
Batir coa batidora (para que non queden grumos).
Añadir outra mazá (picada en tacos pequenos ou ó gusto).
Poñer a mezcla nun molde (previamente puxen papel de forno na base e mantequilla con fariña espolvoreada nos laterais, para que non se pegue).
Na superficie da mezcla ir poñendo as outras dúas mazás fileteadas, cubrindo toda a superficie.
(Pelar e filetear as mazás no momento para que non se oxiden)
Meter ó forno prequente a 180º unhos 45-50  minutos.
(Eu ós 35 minutos miro como está, porque dependendo do molde pódese facer en mais ou menos tempo; se pinchas e a agulla sae seca é que xa está. Neste caso era un molde de 24 cmts e saiu un bizcoito grande; sería preferible un molde mais grande para  que fose mais fino).

PARA REMATAR, nun cazo poño media mazá con azúcar, zumo de limón e auga (pouca cantidade). Fago como unha compota bastante líquida e añado unhas follas de xelatina (Primeiro poño as follas de xelatina en auga fría e cando están blandiñas añado ó líquido quente e removo).
Con un pincel cubro a superficie do bizcoito unha vez feito, para darlle dulzor, cor e brillo.
Pero esto é opcional.
Imprimir artículo

RAIA Á GALEGA con chícharos




O QUE PRECISO: (Para 2 persoas)


2 Racións de raia (xa a venden limpa e troceada)

3 Patacas medianas

1 cebola pequeña

100 grs de guisantes (utilizo conxelados).

Allo (3 dentes)

1 cuchara café de pimentón dulce

1 folla de loureiro

Aceite de oliva

Sal


COMO O FAGO:

Corto a raia en pedazos ó gusto.



Poñolle sal gorda 1 hora antes de cociñala.

Nunha cazola poño auga e poño a cocer as patacas cortadas en pedazos ó gusto e a cebola (pódese poner enteira ou troceada; eu poñoa enteira porque non me gusta atopala despois). Eu tamén engado unha pizca de pimentón dulce e unha folla de laurel.


Deixamos cocer unhos 8 minutos.

Añado os guisantes.


Añadir sal.

Ós 4 ou 5 minutos botar os guisantes añado a raia (previamente laveina en auga fría para quitar o exceso de sal).

(Ainda que falo de minutos, comprobar se as patacas están cocidas).




Deixar que se faga (5-7 minutos).

Mentras tanto fago a allada.

Cando o peixe esté feito escurrir a auga da cazola e botar a allada por enriba.



 Xa está.


ALLADA OU REFRITO:

Nunha sartén poño abundante aceite de oliva cos dentes de allo troceados.


Cando vemos que toman color (sen deixar que se queimen) retirar do lume e deixar un momento para que non se queime o pimento cando o botemos.
Añadir unha cucharada de pimentón e remover.








Imprimir artículo

domingo, 3 de abril de 2016

Spaguetti con salmón afumado e nata


O QUE PRECISO: (2 persoas)


1 Sobre de salmón afumado (100grs) 
Media cebola.
2 dentes de allo.
Un chorro pequeno de brandi.
Nata pra cociñar (un bote pequeno:200grs)
Sal
Pementa
Noz moscada
Aceite de oliva
Sal 
Orégano e (ou) perexil.
Spaguetti (cantidade para dúas persoas).


COMO O FAGO:
Poñer auga para facer a pasta. Cando esté quente añadir sal e os spaguetti. 

Pochar na sartén a cebola mui picadiña e o allo.











Engadir un chorriño pequeno de brandi e deixar que evapore o alcohol (Opcional. Tamén pode ser viño branco).
Engadir o salmón afumado cortado en anaquiños (tamén podemos utilizar salmón fresco). Salpimentar.


O salmón en anaquiños cambia de cor mui rápido, entón engadir a nata.
 Engadir noz moscada ó gusto (raidada)
Se nos parece moita nata podemos engadir un vaso de caldo de peixe.
Deixar que se faga unhos minutos (que faga "chup chup" pero que non se queime).
Engadir perexil ou orégano (ou ambos).
 Nesta mezcla botar os spaguetti escurridos para que collan os sabores.

 Servir, espolvoreando con un pouco de orégano. 


NOTA: Tamén se pode facer con salmón e gambas ou langostinos. E esta misma versión pero con setas e gambas está moi rica. 
Nesta ocasión utilicei spaguettis super finos e non me gusta o resultado. Preferible utilizar os normais de sempre.
Imprimir artículo