Translate

sábado, 30 de abril de 2016

Bizcoito fácil de mazá


O QUE PRECISO:

-4 ou 5 mazás
-100 grs de margarina ou mantequilla
-4 ovos
-10 cucharadas sopeiras de azúcre
-14 cucharadas sopeiras de fariña
-1 sobre de levadura
-1 vaso de leite
-raiadura de un limón

COMO O FAGO:

Nun bol poñer o azúcre e a margarina, revolver,

Añadir os ovos.
Añadir a fariña (tamizada).
Añadir a levadura e a raiadura de limón.
Añadir o leite.
Mezclar.
Añadir unha mazá (picada en tacos pequenos).
Batir coa batidora (para que non queden grumos).
Añadir outra mazá (picada en tacos pequenos ou ó gusto).
Poñer a mezcla nun molde (previamente puxen papel de forno na base e mantequilla con fariña espolvoreada nos laterais, para que non se pegue).
Na superficie da mezcla ir poñendo as outras dúas mazás fileteadas, cubrindo toda a superficie.
(Pelar e filetear as mazás no momento para que non se oxiden)
Meter ó forno prequente a 180º unhos 45-50  minutos.
(Eu ós 35 minutos miro como está, porque dependendo do molde pódese facer en mais ou menos tempo; se pinchas e a agulla sae seca é que xa está. Neste caso era un molde de 24 cmts e saiu un bizcoito grande; sería preferible un molde mais grande para  que fose mais fino).

PARA REMATAR, nun cazo poño media mazá con azúcar, zumo de limón e auga (pouca cantidade). Fago como unha compota bastante líquida e añado unhas follas de xelatina (Primeiro poño as follas de xelatina en auga fría e cando están blandiñas añado ó líquido quente e removo).
Con un pincel cubro a superficie do bizcoito unha vez feito, para darlle dulzor, cor e brillo.
Pero esto é opcional.
Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario