O QUE PRECISO: (2 persoas)
1 Sobre de salmón afumado (100grs)
Media cebola.
2 dentes de allo.
Un chorro pequeno de brandi.
Nata pra cociñar (un bote pequeno:200grs)
Sal
Pementa
Noz moscada
Aceite de oliva
Sal
Orégano e (ou) perexil.
Spaguetti (cantidade para dúas persoas).
COMO O FAGO:
Poñer auga para facer a pasta. Cando esté quente añadir sal e os spaguetti.
Pochar na sartén a cebola mui picadiña e o allo.
Engadir un chorriño pequeno de brandi e deixar que evapore o alcohol (Opcional. Tamén pode ser viño branco).
Engadir o salmón afumado cortado en anaquiños (tamén podemos utilizar salmón fresco). Salpimentar.
O salmón en anaquiños cambia de cor mui rápido, entón engadir a nata.
Engadir noz moscada ó gusto (raidada).
Se nos parece moita nata podemos engadir un vaso de caldo de peixe.
Deixar que se faga unhos minutos (que faga "chup chup" pero que non se queime).
Engadir perexil ou orégano (ou ambos).
Nesta mezcla botar os spaguetti escurridos para que collan os sabores.
Servir, espolvoreando con un pouco de orégano.
NOTA: Tamén se pode facer con salmón e gambas ou langostinos. E esta misma versión pero con setas e gambas está moi rica.
Nesta ocasión utilicei spaguettis super finos e non me gusta o resultado. Preferible utilizar os normais de sempre.
Imprimir artículo
No hay comentarios:
Publicar un comentario