Translate

jueves, 26 de febrero de 2015

"Cabello de ángel"

A min non me gustaba o "cabello de ángel"; e dende logo o que poidas facer ti na casa non ten nada que ver co comprado. Sae mui rico e non é nada dificil.
Hai recetas que indican que hai que cocelo varias veces en días consecutivos. Eu seguín unha receta na que se fai nunha única vez e saiu mui bo.

O que precisas:
-Cabaza tipo "cidra". 
-Azúcar.
-Limón.
-Canela en rama.

Como se fai:
Primeira parte:
-Partir a cabaza en pedazos grandes.
(Esta cabaza é mui mui dura, é mui dificil de partir. Unha opción pouco ortodoxa: metela nunha bolsa e tirala ó chan con forza).
-Botar nunha ola grande e cubrir con auga. 
-Cocer a lume lento (50-60 minutos).

-Botar os pedazos nun escurridor ou colador.

(Deixaremos que enfríe un pouco e escurra ben).
-Coller cada pedazo de cabaza e quitar a pel e as pepitas (podedesvos axudar con un coitelo ou outro elemento que consideredes).
-A pulpa que obtemos escurrímola ben apretando coas mans e separamos os filamentos. 

Segunda parte:
-Poñemos a pulpa escurrida nunha cacerola con azúcar (hai recetas que din o mismo peso de azúcar que de pulpa; outras a metade. Eu poño unha cantidade intermedia.).
-Añadimos pel de limón, un chorro de zumo de limón e 1 pao de canela.
(Pódese aromatizar con outras cousas: xenxibre, vainilla...) 

-Cociñar a lume lento, sen deixar de remover. (Sobre 50')
(Xa imos ver si está feita polo color e pola textura).



Conservación:
Para conservalo tes varias opcións.
Podes conxelalo (en envases da medida que consideres axeitada para a súa futura utilización). Esta é a forma que da menos traballo.

Tamén podes envasalo en botes, coma calquera outra conserva. 

Opcións de emprego:

Podemos facer moitos postres con cabelo de anxo: tartas, pasteis,...
Eu fago pasteis de hoxaldre rellenos co cabelo.








Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario