Translate

miércoles, 25 de febrero de 2015

Tarta de Queixo (Sen forno).

Esta tarta de queixo non precisa forno e é moi sinxela.

O que preciso:
-Galletas tipo maría.

-Manteiga.
-200 ml. de nata (=1 brick pequeno).
-200 ml. de leite.
-1 tarrina de queixo tipo philadelphia.
-6 ou 8 cucharadas sopeiras de azúcre. 
-2 sobres de cuajada.
-Marmelada de fresa (ou do que queiramos).
-Auga. 
-3 ou 4 follas de xelatina alimentaria.

Como o fago:
1-Primeiro fago a base, mezclando galletas (das de sempre, tipo maría fontaneda) con manteiga a punto pomada, é dicir, blandiña, maleable.
(Eu pico as galletas co accesorio picador da batidora).
Logo con esa mezcla fago a base e métoa no frigorífico media hora (ou un ratiño no conxelador) para que quede mais compacta.
2-Mezclo 200 ml de nata (=1 brick pequeno), o mismo de leite (aínda que podes poñer mais leite e non pasa nada), 1 tarrina de queixo tipo philadelphia, 6 ou 8 cucharadas de azucre.
3- Poño ó lume sen que chegue a ferver. Nese momento agrego dous sobres de cuajada (que terás disolto nun pouco leite).
Aparto do lume e revolvo ben coas varillas. Volver a mezcla ó lume 1 minuto. Xa está. Retirar.
E logo boto esto encima da base que fixera antes.
4-Por último, para a capa de arriba de fresa, poño en un cazo un pouquiño de auga con marmelada de fresa (o que consideres que vas precisar).
Por outro lado poño en auga fría 3 ou 4 follas de xelatina para que ablanden.
Finalmente, cando a mezcla de auga e fresa esté quente agrego as follas de xelatina e revolvo ben comprobando que se disolve.
Boto esto enriba da tarta de queixo (espero a q a mezcla da tarta esté sólida) e deixo enfriar.

Utilizar un molde desmontable, para que a presentación sexa boa.

Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario