Translate

martes, 28 de julio de 2015

Tarta de galletas e queixo philadelphia.


Esta receita estaba no blog “Miel y limón”, é mui fácil, faise mui rápido e sae ben.

Leva bastante nata e queixo, polo que ten bastante materia grasa, así que igual non é saudable para todo o mundo, pero sempre se poden usar descremados. Ademais, un día é un día, e unha persoa non vai comer a tarta enteira…

O QUE PRECISO:

-Unhas 40 galletas tipo maría (rectangulares se o molde é rectangular e redondas se o molde é redondo).
-200 grs de queixo tipo Philadelphia.
-600 grs de nata para montar.
-150 grs de azúcar (ó levar caramelo eu recomendó non botarlle moito azúcar; gústame menos se sae mui dulzona).
-150 grs de leite.
-1 Cucharada de azúcar avainillado.
-1 sobre e medio de cuaxada ( eu puxen 2).
-Caramelo líquido para o molde.

COMO O FAGO:

-Repartir o caramelo polo molde. (Podo facer eu o caramelo ou utilizar do outro). Utilicei un molde tipo plumcake (rectangular).


-Nunha cazola poner tódolos ingredientes,  menos as galletas.

-Deixar a lume medio unhos 8 minutos, removendo coas varillas constantemente. Vemos que está feito cando a mezcla queda un pouquiño espesa, densa.


Se quedan grumos podemos pasarlle a batidora.

-Deixar templar unhos minutos (para que ó montar a tarta as galletas queden ben repartidas e non se acumulen todas na parte de arriba).

-Botar un pouco desta mezcla no molde, cubrindo toda a superficie (como un centímetro de mezcla).

-Poñer unha capa de galletas, outra capa de mezcla, outra de galletas, así hasta encher o molde. Ó final rematamos con galletas.
-Gardar no frigorífico (cuberta con film transparente por exemplo) hasta o día seguinte.
-Desmoldar.


Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario