Translate

jueves, 2 de julio de 2015

Polo tandoori


Chámaselle TANDOORI MASALA a unha mezcla de especias diversa (Masala); pode ser: comino, alholva, allo, coriandro, etc.
Empégase moito na India e Pakistán.
Algunhos pratos indios cociñanse con iogur e carne (xeralmente polo) quentados nun forno rotatorio (Tandoor).
Chámase así tanto ós pratos indios que conteñen esta mezcla de especias coma ós pratos feitos ó estilo tandoor (forno de barro).

¡Para mín foi un gran descubrimento! ¡Encántame o ulido e encántame o sabor!

COMO PREPARO O TANDOORI:

A mezcla consiste nun 70% de iogur natural, un 30% de tandoori e un chorriño de aceite.
Para 8 alitas utilicei:
1 iogur
1 cucharada e media sopeira de tandoori
1 chorro de aceite de oliva

Mézclase ben todo e impregnanse ben as alitas na mezcla.



 Deixase repousar un mínimo de 4 horas; ainda que canto mais tempo  se deixe mais sabor collerán.

COMO COCIÑO AS ALIÑAS:

Na barbacoa ou no forno.




Se as fago no forno:
Póñoas na parrilla do forno (non na bandexa).
(Colocar debaixo papel albal por si gotean algo)
35 ou 40 minutos a 190 graos.

ACOMPAÑAMENTO:
Ensalada de leituga, tomate e ceboleta.

NOTA: Igual é mais fácil atopar a mezcla xa feita en tendas especializadas ou grandes superficies; pero eu prefiero comprar a especia e facer a mezcla.
Ademáis de co polo, queda ben con cordeiro ou con gambas ou langostinos.


Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario