Translate

viernes, 17 de julio de 2015

Ensaladilla rusa


Outra receta de ensaladilla. Ainda que é parecida a outra receta do mesmo prato xa publicada, varían algúns ingredientes e a forma de facela.
O das cantidades é orientativo (sempre me sae mais cantidade da que pretendo facer).

O QUE PRECISO: (Para 2 persoas)

-Pataca: 2 ou 3 u. 
 (dependendo do tamaño)
-3 ovos.
-Cebola (cantidade ó gusto).
-1 latiña pequena de atún.
-Pimento morrón: 1.
-Aceitunas: unha latiña pequena.
-Guisantes: un puñado. 
 (Utilizo guisantes conxelados)
-Sal.
-Aceite de oliva.
-Vinagre.
-Maionesa.

COMO O FAGO:

-Poño a cocer as patacas (con unha pizca de sal).
-Poño a cocer os guisantes e os ovos con unha pizca de sal (levaralles mais ou menos o mismo tempo: 10-12 minutos é o tempo do ovo; se utilizamos guisantes conxelados convén mirar o tempo de cocción na bolsa).
-Cando estos ingredientes xa estén cocidos escurro e deixo enfriar.


-Troceo a pataca cocida en tacos pequenos.
-Elimino o aceite e desmenuzo o atún.
-Troceo algunhas aceitunas (pola metade).
-Troceo medio pemento morrón (en pedaciños pequeniños), e a outra metade cortoa en tiras, para decorar.
-Pico a cebola en trociños mui mui pequeniños. (Antes non me gustaba con cebola, e a min particularmente non me gusta atopar trozos, pero dalle un bo sabor).



-Troceo 2 ovos en pedaciños pequenos e reservo un pouquiño de xema raiada para decorar. 
-O outro ovo troceoo en forma de cuña, tamén para decorar.
-Mezclo todo (excepto o que lle vou poñer enriba para decorar).

-Añado sal, un chorro de aceite de oliva e un chorro de vinagre. (Non demasiado para que non quede mui aceitoso; e preferible probar e se é necesario añadir mais).






-Coloco no recipiente definitivo e cubro con maionesa.


-Decoro con aceitunas, tiras de pimento morrón, un pouquiño de xema raiada e ovo.



NOTA:

-Tamén podo poñerlle unha pizca de perexil (en folla ou en pedaciños) ou cebollino en trociños mui pequenos.

-Hai quen coce as patacas coa pel; supoño que desta maneira conservarán mais sabor e desfaranse menos.

-Pódense añadir outros ingredientes que nos gusten: zanahoria, xudias, tomate..., dependendo dos productos dos que dispoñamos.
Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario