Espazo para as receitas de cociña que vou facendo ou copiando e temas relacionados. Sen pretensións, xa que os meus coñecementos son básicos; simplemente como arquivo para botar man das receitas cando necesito cociñar.
Translate
miércoles, 15 de julio de 2015
Ensaladilla rusa de Maruja.
Este é un prato que en cada fogar sabe distinto. E aínda que tódalas maneiras de facela son similares, inflúen moito os pequenos detalles.
Esta receita é de Maruja; Ten mais de oitenta anos e da gusto vela, ela fíxome ver que é certo eso de que para que un prato saia ben hai que facelo con cariño e ganas; ela fai a ensaladilla con toda a calma, sen presa e con moito mimo; con poucos ingredientes, pero conseguindo un sabor boísimo. Creo que podo decir que é a ensaladilla mais rica que probei.
O QUE PRECISO: (Para 2 persoas)
-2 patacas medianas.
-1 zanahoria.
-3 ovos.
-Media cebola.
-1 latiña pequena de atún.
-Sal.
-Aceite oliva.
-Maionesa.
-Aceitunas.
-Pimento morrón.
COMO O FAGO:
-Poño a cocer as patacas e a zanahoria.
-Cozo os ovos.
-Cando estén frias, utilizo un raiador (que non sexa fino) e raio tanto as patacas como a zanahoria.
-Raio os dous ovos.
-Raio a cebola.
-Mezclo todo e añado o atún ó que previamente lle escurrín ben o aceite (non utilizo este aceite).
-Añado sal e unha cucharada de aceite oliva. Removo.
-Añado unha cucharadiña de maionesa. (Se é caseira é mais rica, pero en ese caso tomar as precaucións higiénico sanitarias necesarias para non levar sustos innecesarios). Mezclar.
-Poñer no recipiente definitivo. Cubrir con maionesa ó gusto.
-Raiar o outro ovo (a xema e a metade da clara) e espolvorear por encima pra decorar.
-Poñer unhas olivas (das que nos gusten mais; eu poño as que son recheas de anchoa) e unhas tiras de pimento morrón.
NOTA:
Coido que o segredo do bo sabor resultante de esta receita está en raiar os ingredientes, sobre todo a cebola.
Na receita que facía eu hasta agora utilizo mais ingredientes e non a fago exactamente como esta. Publicarei próximamente.
Pendiente añadir fotos.
Imprimir artículo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario