Translate

miércoles, 15 de julio de 2015

Maionesa caseira con batidora.


¡Facer maionesa é o mais fácil que hai!
¡Se se che corta algo estás facendo mal!
Eso é o que me pasaba a min, pero por fín conseguín facela sen dificultade.
E a verdade é que o seu sabor supera fácilmente á que compramos.

O QUE PRECISO:

1 ovo.
Aceite (Opcional oliva suave ou xirasol): Medio vaso. (Mais aceite, mais cantidade de maionesa faremos. Co aceite de oliva queda un sabor mais forte.)
Vinagre: un chorro (ou se se prefiere zumo de limón).
Sal.

COMO A FAGO:

No vaso da batidora (eu utilizo un vaso tipo sidra mediano) poñemos os ingredientes: o ovo, o sal e o aceite.

Introducimos a batidora hasta o fondo sin movela e batimos a velocidade media.

Iremos vendo como comeza a emulsionar.

Cando xa temos bastante maionesa feita comezamos a mover un pouco a batidora para que se mezcle ben o resto de aceite.


Agora podemos añadir o vinagre e mezclar. 

Probar para ver se está ben de sal e vinagre.
¡Xa estará lista!


ACLARACIÓNS IMPORTANTES:

PARA QUE NON SE CORTE:

-O ovo ten que estar a temperatura ambiente; incluso hai receitas que din que sé é posible o deixemos unhos minutos co resto de ingredientes para que a temperatura sexa a misma.

-O recipiente donde se faga debe ser dunha medida similar ó pé da batidora (se intentamos facela nun recipiente mui ancho posiblemente tampouco obteñamos resultado satisfactorio).


-Se ainda así se nos corta, non temos que tirar o que temos; poñeremos outro ovo e repetiremos o proceso.


OUTRAS SUXERENCIAS:


-Debemos ter moito cuidado sempre que fagamos maionesa caseira. Xa sabemos que a salmonella é froito do uso de ovos frescos en determinadas condicións ambientais (calor).


Polo tanto é importante manter as condicións hixiénicas correctas e non ter a maionesa exposta ó calor.

Ademais debemos facela para consumir, se non é preferible usar maionesa de bote.

-A maionesa pódese facer con leite no sitio do ovo (neste caso tería unha cor branca polo que podemos añadirlle colorante).

-A maionesa sirve de base para a preparación doutras salsas, añadindo ingredientes diversos (mostaza, allo, herbas aromáticas,  etc).

-Se utilizamos ovos da casa a súa cor será mais amarela que se usamos ovos comprados.
Imprimir artículo

No hay comentarios:

Publicar un comentario